![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
16/05/2012 ... afirmamos que son as asembleas, onde cada persoa ten un voto, o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía.
12/05/2012 En ningún momento estando presente o Encontro Irmandiño se fixou ningunha data para que este foro se pronunciase cun manifesto en ningún sentido a respecto do proceso de construción da nova forza política. Os contactos non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil sen caer en vellos modos e erros doutras forzas que ven como a cidadanía lles viran as costas.
11/05/2012 O Encontro Irmandiño saúda fraternalmente e celebra as iniciativas xurdidas da sociedade civil encamiñadas a conter e reverter os brutais ataques aos intereses das clases populares perpetrados polo goberno de Mariano Rajoy baixo os ditados da troika composta pola Comisión europea, o BCE e máis o FMI e apoia plenamente a mobilización convocada polo movemento 15M para o vindeiro sábado 12 de maio.
12/04/2012 O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade galega para que acuda a concentración que o domingo 15 ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, fronte ao concello da Capela.
01/04/2012 O Encontro Irmandiño súmase ás concentracións convocadas para este luns ás 20.30h. e manifestamos a nosa tristura e indignación pola catástrofe ambiental que está a acontecer nas Fragas do Eume e denunciamos que as miserentas políticas ambientais e forestais da Xunta, unidas a indecentes e escuros intereses tan económicos coma ideolóxicos, teñen consecuencias nefastas para o País.
27/03/2012 Un paso máis na intención de desmantelar o tecido teatral galego desde o goberno da Xunta de Galicia que se suma ao estrangulamento económico. A Axencia Galega das Industrias Culturais adebeda ao sector das artes escénicas 1,2 millóns de euros.
09/03/2012 O Pobo galego non debe ficar indiferente ante esta ofensiva do capitalismo financeiro na súa fasquía máis reaccionaria dos gobernos do PP, polo que todas e todos debemos participar activamente en todas as mobilizacións, incluída a anunciada greve xeral.
04/03/2012 Dende o Encontro Irmandiño animamos á cidadanía galega a apoiar e facer súa a manifestación que, convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, terá lugar o vindeiro 14 de abril entre O Ézaro e as egrexias abas graníticas do Pindo, patrimonio natural, cultural e histórico de todas as galegas e de todos os galegos.
14/02/2012 A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño reúnese mañá mércores para decidir sobre a aplicación dos acordos da Asemblea celebrada o pasado domingo día 12 de febreiro, nomeadamente sobre o a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal e o inicio dos contactos e métodos para a converxencia con todas aquelas persoa e grupos que estean polo novo referente político do nacionalismo.
03/02/2012 A Coordinadora do Encontro Irmandiño acordou convocar a Asemblea Extraordinaria para o próximo 12 de Febreiro co fin de avaliar se se cumpren, ou non, as condicións previstas nas teses do “Novo proxecto común, pola refundación e rexeneración do BNG” para ese fin. A asemblea será aberta ás persoas que estean por un novo proxecto común.
30/01/2012 Queremos felicitar a todas e todos aqueles que xunto con nós, coa nosa razón, e de todo corazón, participaron masivamente na asemblea nacional do BNG, a primeira sen delegados dende 2006. Un exemplo de empuxe de base que estivo a piques de gañar dando como resultado un BNG que nunca máis volverá ser o mesmo pase o que pase.
14/01/2012 Queremos facer público tamén o noso compromiso de que, se os avatares deste proceso levasen a que non houbese unha única lista que propugne a refundación do BNG, daremos o noso apoio á lista mais votada na segunda volta para garantir ao máximo as posibilidades e evitar que a UPG e o seu candidato teñan unha maioría que lles permita seguir nesta liña actual que leva o BNG á súa extinción.
13/01/2012 Diante da celebración nestes días das Asembleas Comarcais do BNG, facemos un chamamento á participación de todos e todas os/as afiliados/as do BNG. O BNG debe recuperar a súa capacidade de debate e entendemento ao marxe das ambicións persoais ou de grupo.
10/12/2011 Por parte do EI facemos o posíbel para que a información veraz flúa de xeito plural e contrastada a todas aquelas persoas interesadas no que pasa no BNG, porque consideramos que debemos abrirnos á sociedade á que nos debemos. Porque o secretismo só favorece aos que prefiren o escurantismo e o control da información interna para impedir os intercambios de opinión entre todas e todos nós para que nada cambie no BNG.
29/11/2011 É responsabilidade do Encontro Irmandiño e de Mais Galiza garantir unha Asemblea limpa e na que todos e todas podamos participar en pé de igualdade.
28/11/2011 O Encontro Irmandiño transmitiu á Executiva e ao Portavoz Nacional do BNG o "profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.
25/11/2011 No Encontro levamos moito tempo a debullar cales serían os criterios a as medidas precisas para refundar o BNG, cremos que ten que ser un traballo colectivo de todas e todos os que integramos o BNG, pero si unha das premisas que debe ter o novo BNG é a súa apertura á sociedade entendemos que tamén debemos escoitala se estamos a falar dun instrumento político que pretendemos sexa para maioría da sociedade galega. Nós temos as nosas ideas que a seguido imos referir moi sucintamente pero gustaríanos coñecer que pensades ao respecto e novas ideas para o mesmo fin: un BNG renovado e útil á sociedade galega. Agardamos as vosas opinións e aportes en info@encontroirmandinho.org
24/11/2011 O Bloque precisa refundación sen "batallitas" persoais nin pactos por arriba
20/11/2011 Lamentamos a maioría absoluta da “caverna española” que representa o PP e que o BNG, cunha baixada de perto de 30.000 votos, fose incapaz de recoller a fuga de votos do PSOE pola esquerda que benefician a EU que duplica os seus votos en Galiza.
09/10/2011 Quen non vai estar de acordo por exemplo en facer unha “Auditoría da débeda pública e recuperación do aportado para salvar aos banqueiros.”? ou de facer unha “Regulación. Imposición/taxación e control estritos dos mercados, intermediarios e fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no tocante ás operacións especulativas.”?
16/09/2011 O Encontro Irmandiño apoia as mobilizacións contra a reforma da constitución do PP e PSOE
12/08/2011 Pola nosa parte felicitamos aos alcaldes e a todas e todos os que ergan a voz reclamando a rexeneración do BNG e convidamos a ler o manifesto.
31/07/2011 Na prensa de hoxe, nun medio de comunicación escrito, especúlase sobre a convocatoria da 13 Asemblea Nacional do BNG e sobre o Encontro Irmandiño como favorábel a manter as datas deste evento no mes de Outubro a pesares da convocatoria das Eleccións Xerais para o 20 de Novembro.