X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
xoves, 25 de maio de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
OPINIÓN da Galiza

Le e participa nos comentarios

Dous motores de tempos distintos para o NPC

Texto lúcido, conciso e clarificador sobre a construción do NPC, que consideramos de moito interese.

23/04/2012 Un guión escrito dende a cúpula, que conciba as asembleas como o lugar onde debemos aplaudir coas orellas, non concorda cos principios de construción de abaixo a arriba. Mais tamén, calquera xesto público das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluído o arredismo) que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas.

ler máis...
OPINIÓN da Galiza

Caza de bruxas e criminalización mediática do independentismo galego

Por Raul Asegurado Pérez, Manoel Santos e Antom Fente Parada

07/12/2011 ... as actuais detencións semella que aproveitan a existencia do explosivo de Eduardo Vigo Domínguez para reprimir o independentismo en xeral, atacando a membros de Causa Galiza e persoas como Antom Santos e María Osorio cunha lexislación brutal que prolonga as detencións e crea espazos de impunidade para a tortura e os maos tratos. Ao tempo criminalízanse os centros sociais coa policia ás portas para criminalizalos perante a sociedade e precintiar algúns sen orde xudiciaria. Isto é o que nós denunciamos e denunciaremos sempre, mentres o BNG mostra unha actitude ben pouco afortunada.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

H&H: O pobo que non coñece a súa historia está condenado a repetila

A PORTA PECHADA

O fascismo avanza baixo formas “democráticas”

18/11/2011 A perda de referencias éticas e valores democráticos republicanos xunto ao medo e covardía das forzas políticas auguran un futuro negro se a sociedade civil non reaxe. Hoxe publicamos un interesante artigo do noso Portavoz Nacional X. M. Beiras escrito noutras circunstancias pero rabiosamente actual.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Martiño Noriega

Fiestras

Martiño Noriega

31/10/2011 Nesta democracia de baixo perfil, que ás veces acredita en non representarnos, a concentración do dióxido de carbono está a facer irrespirable o aire que inspiramos provocando unha somnolencia de gravidade… con risco de dano vital irreparable no noso ser orgánico colectivo. Aínda así, nesta carreira acelerada de renuncias impulsadas por aqueles que non pasan polas urnas e aplicadas por aqueles que din non ter autonomía para non aplicalas, ábrense fiestras de esperanza.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Martiño Noriega

(Non) todo está en cuestión

23/09/2011 A mal chamada crise, despois duns meses iniciais de dúbidas nos que se valorou a posibilidade de introducir trocos conceptuais resucitando a John Keynes, falando das aduanas á economía financeira e especulativa, retomando a progresividade fiscal, resucitando a...

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Mario López Rico

Máis que nunca... Refundación!

Por Mario López Rico

28/07/2011 O CIS ven de publicar unha nova enquisa pre-electoral que debera preocuparnos porque apunta unha tendencia continuada á baixa que pode poñer mesmo en perigo a presenza de Galiza nas Cortes do Estado.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

Beiras opina das mobilizacións de maio de 2011. Entrevista

21/05/2011 Beiras fala das movilizacións de maio de 2011, tamén chamadas d@s indignad@s.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

no Galicia Hoxe

Brañas e "a crise que non cesa" (III)

01/05/2011 ... o que está en crise é o proprio sistema-mundo capitalista ao que se lle aplicou ese modelo ultra-liberal de xestión político-económica. Quer dicir que tampouco o modelo keynesián desterrado no seu día polos ultra-liberais resolvería hoxe o problema estrutural que padece o sistema, nen sequer lograría por sí só "reflotar" a economía do seu centro, como recoñecen neo-keynesiáns tan acreditados como o Nobel Paul Krugman, por caso -inanque paliaría, certamente, os efectos máis negativos da crise, e por suposto que non os agravaría como están a facelo as receitas ultraliberais que teimudamente están a aplicarse aínda arestora.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

no Galicia Hoxe

O dereito dos povos a decidirmos

24/04/2011 O pacto constitucional está rompido por obra dos mesmos actores que foran os seus artífices hai un terzo de século, a soberanía "nacional" cedida á UE e o FMI, os inquilinos do aparello de estado manexados coma monecos de ventrílocuo polo poder imperial e os seus missi dominici, o poder xudicial a facer "mangas e capirotes" dos dereitos cidadáns á marxe de calquer control democrático, a xerarquía católica reinstalada no sectarismo inquisitorial da "cruzada", e o capital financeiro transnacional convirtido en bailleur de fonds dunha metamorfose do nazi-fascismo encarnado nunha ultradereita reacionária e xenófoba disfrazada de popular: a farsa tráxica está servida no "corral nublado" de Max Estrella.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

no Galicia Hoxe

Brañas e "a crise que non cesa" (II)

17/04/2011 A "crise económica da época presente" que Brañas analisa e tenta diagnosticar no seu extenso discurso académico de 1892 non é outra que a famosa "crise finisecular" do XIX, que se desencadea a partir do 1873, vaise prolongar durante decenios, e atravesar inclusive os "felices" anos da belle époque, deica acadar o seu primeiro desenlace en forma de conflito bélico mundial, a Gran Guerra de 1914-18 -e digo primeiro desenlace porque, en rigor, o subseguinte período de entre-guerras vai constituir unha prolongación dese proceso de crise sistémica, que desembocará na Grande Depresión e só concluirá co estoupido da IIª Guerra Mundial: nada menos que meio século longo de duración, portanto. Esa crise marca e abrangue o declive da Gran Bretaña como epicentro do sistema-mundo de entón, ou sexa, do conxunto do sistema capitalista ao nível de mundialización acadado naquela altura. Trátase, xa que logo, dunha crise de hexemonía: o solpor e empardecer da Gran Bretaña como potencia hexemónica do sistema económico mundial.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

no Galicia Hoxe

Brañas e "a crise que non cesa" (I)

10/04/2011 A leición de Brañas versaba sobre a crise económica da sua época, e o relembrármolo ocasionou que a nosa conversa virase cara a crise financeira que arestora estaba a estoupar no corazón do imperio. Néstas, ao Afonso ocurríuselle suxerir a oportunidade de editar agora ese discurso traducido ao galego. Dito e feito -o Afonso évos un home resolutivo: púxose á obra decontado. Mais, non dispóndomos do volume que eu posuira, compríalle percurar outro exemplar asequíbel para traballar nil -e non semellaba doado, dada a rareza de aquela publicación. Resolveulle o problema a impar "Biblioteca Penzol": alí estaba a obra, e permitíronlla fotocopiar. Púxose a traducila il mesmo -e velaeiqui está. Hai aínda poucas semanas que saíu do prelo, editada en versión galega por Toxos Outos e Unipro-editorial, a leición que pronunciara Alfredo Brañas na Universidade de Santiago en 1892: "A crise económica na época presente e a descentralización rexional". Un dos editores, Afonso Ribas, propuxérame facer un limiar para esta reaparición dese moi esquencido ensaio de Brañas que, malia ser publicado daquela, nunca volvera ser imprentado até agora. Aparecida esta nova edición, algún amigo enredante suxeríume partir o meu limiar en anacos pra publicalo, "por entregas", nesta páxina dominical do GH. Deixeime convencer, e velaí vos van a partir de hoxe, coas oportunas licencias dos editores e máis do paciente Tano. Disque haberá un agasallo para quen de vós dea chegado ao final da série sen indixestión de pedra -limiar, claro. A silicose seica está descartada -mais eu, que vós, non fiaría: o esnaquizado feito con rebarbadora levanta moito póo.

ler máis...
OPINIÓN DA GALIZA Xosé Manuel Beiras

Entrevista a Beiras na TVG

28/02/2011 Para o voceiro nacional, os "irmandiños" son a "semente" dun movemento político ante a "esclerose e obsolescencia das realidades". Hai que reconstruír a vinculación da sociedade civil e o aparato político.

ler máis...
©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal