Encontro Irmandiño
Encontro Irmandiño
Manifesto en defensa dos medios públicos
<description>Os medios audiovisuais públicos son un servizo esencial de interese xeral que ten como misión difundir contidos destinados a garantir a diversidade cultural e lingüística, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social, a promoción dos dereitos cívicos e as liberdades públicas e a calidade da propia democracia. ...consideramos que a sociedade galega está ante un momento crucial para mellorar e afianzar o seu modelo de servizo público de comunicación, e expresamos a nosa vontade de defender a existencia dunha radiotelevisión pública
Adiante co Novo Proxecto Común
<description>A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño reunida onte mércores para decidir sobre a aplicación dos acordos da  Asemblea celebrada o pasado domingo día 12 de febreiro, deliberou e acordou sobre a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal e o inicio dos contactos e métodos para a converxencia con todas aquelas persoa e grupos que estean polo novo referente político do nacionalismo,</description>
Beiras. Vídeo IV Asemblea do Encontro Irmandiño
<description>Vídeo da coa lectura e aprobación da Resolución da Asemblea Extraordinaria do Encontro Irmandiño, intervención do Portavoz Nacional do Encontro Irmandiño na clausura e canto do himno galego.</description>
Beiras no Galicia Confidencial
<description>GC entrevista a Beiras, líder dos irmandiños que acaban de saír do BNG. A ideoloxía e os protagonistas da nova forza que propón o EI son dous dos puntos que debullamos co político no seu despacho.</description>
Entrevista a Beiras na TVG
<description> A nova fronte ampla e plural ten que ser unha aposta por recuperar sectores que se afastaron do nacionalismo organizado e por chegar a segmentos sociais aos que non chegou o BNG nos últimos anos. É preciso articular un espacio plural fronte aos poderes de barbarie que están nas institucións galegas, españolas e europeas.</description>
Acordo da Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño
<description>O resultado da XIII Asemblea do BNG fai inverosímil a rexeneración dende dentro como casa común de todas as xentes nacionalistas.  Construír conxuntamente con todas aquelas persoas que estean a prol dunha nova organización política, unha fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda.</description>
Asemblea Nacional Extraordinaria
<description>O Encontro Irmandiño quere escoitar a opinión dos nacionalistas que estean a prol dun novo proxecto común e decidir. A Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño terá lugar o domingo día 12 ás 16 horas no Palacio de Congresos de Galiza en San Lázaro -Santiago de Compostela.</description>
COMUNICADO DE PRENSA
<description>A Coordinadora do Encontro Irmandiño acordou convocar a Asemblea Extraordinaria para o próximo 12 de Febreiro co fin de avaliar se se cumpren, ou non, as condicións previstas nas teses do “Novo proxecto común, pola refundación e rexeneración do BNG” para ese fin. A asemblea será aberta ás persoas que estean por un novo proxecto común.</description>
Avaliar e decidir
<description> Queremos felicitar a todas e todos aqueles que xunto con nós, coa nosa razón, e de todo corazón, participaron masivamente na asemblea nacional do BNG, a primeira sen delegados dende 2006. Un exemplo de empuxe de base que estivo a piques de gañar dando como resultado un BNG que nunca máis volverá ser o mesmo pase o que pase.</description>
Candidatura ao Consello Nacional do BNG
<description>Unha candidatura inclusiva e aberta a aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG” reflectida nas nosas teses conxuntas. A candidatura está encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado e a persoa que optará a candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia é Carlos Aymerich Cano.</description>
Acordo para unha candidatura plural
<description>Acordúse impulsar unha candidatura conxunta, inclusiva e aberta a aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG” reflectido nas nosas teses conxuntas. A candidatura conxunta ao Consello Nacional será encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado. A persoa que optará a candidato do BNG á Xunta de Galicia será Carlos Aymerich Cano.</description>
A “apisoadora” da UPG, vai funcionar?
<description>Cando aló polo ano 2000 decidiu  no seu Comité Central inducir reformas no BNG que levasen a concentrar a capacidade de decisión nas comarcas e non nas localidades como viña acontecendo ate daquela -e que segundo os estatutos son as organizacións básicas da vida do BNG-, adicándose posteriormente teimudamente ao seu control colocando na administración frontista a persoas afíns, a UPG estaba preparando un campo de manobras á súa medida que lle permitise dende 20 instancias controlar toda unha organización territorial que abarca hoxe case os 315 concellos do País. Algo que é ben patente hoxe nesta fase preasemblear.</description>
É tempo dunha fronte ampla a prol da refundación
<description>Diante da celebración nestes días das Asembleas Comarcais do BNG, facemos un chamamento á participación de todos e todas os/as afiliados/as do BNG. O BNG debe recuperar a súa capacidade de debate e entendemento ao marxe das ambicións persoais ou de grupo.</description>
Contra a incineradora no Irixo
<description>Ver o vídeo en ... ler máis</description>
Entrevista a Beiras na Radio Galega
<description>"No BNG hai sitio para todas e todos sempre que aqueles que impiden que haxa sitio para todos rectifiquen. Refírome fundamentalmente a dous tipos de xente e de grupos: primeiro aqueles que constitúen un aparato e que pensan que a organización é para que eles sobrevivan e en segundo lugar a aqueles que funcionan como lobbies de poder. Ou funciona o principio de cooperación ou estamos na antítese do que debe ser o BNG"</description>
A beira de Beiras (17-12-2011) 
<description> "É a hora da cidadanía e temos que recuperar esa soberanía popular e romper cun sistema aberrante. É a hora dos principios e prácticas republicanas e da lealdade ao cidadán do común.</description>
Sabemos que estamos nunha encrucillada histórica
<description>Queremos recuperar o BNG como casa común e abrir as súas fiestras diante dos debates que poñen enriba da mesa, de xeito interesado, nomes, tellados ou posicións persoais innegociables. Non estamos aquí para un troco de cromos.</description>
Ser ou non ser
<description>Para convencer a cidadanía da utilidade do BNG como ferramenta de transformación antes temos que convencernos nós e o lugar para facelo será na vindeira Asemblea Nacional de finais de xaneiro.Cómpre priorizar a recuperación da casa común e a necesidade de abrir as súas fiestras diante dos debates que poñen enriba da mesa durante estas semanas, de xeito interesado, nomes, tellados ou posicións persoais innegociables.</description>
Comeza a rumoroloxía pre-asemblear
<description>Por parte do EI facemos o posíbel para que a información veraz flúa de xeito plural e contrastada a todas aquelas persoas interesadas no que pasa no BNG, porque consideramos que debemos abrirnos á sociedade á que nos debemos. Porque o secretismo só favorece aos que prefiren o escurantismo e o control da información interna para impedir os intercambios de opinión entre todas e todos nós para que nada cambie no BNG.</description>
Caza de bruxas e criminalización mediática do independentismo galego
<description>... as actuais detencións semella que aproveitan a existencia do explosivo de Eduardo Vigo Domínguez para reprimir o independentismo en xeral, atacando a membros de Causa Galiza e persoas como Antom Santos e María Osorio cunha lexislación brutal que prolonga as detencións e crea espazos de impunidade para a tortura e os maos tratos. Ao tempo criminalízanse os centros sociais coa policia ás portas para criminalizalos perante a sociedade e precintiar algúns sen orde xudiciaria. Isto é o que nós denunciamos e denunciaremos sempre, mentres o BNG mostra unha actitude ben pouco afortunada.</description>
Entrevista a Beiras
<description>“Se o Bloque non se refunda, se renova e abre as portas, o país terá que construír un novo movemento”
“A asemblea de xaneiro será determinante”</description>
Entrevista a Martiño Noriega
<description>Nesta entrevista, o alcalde de Teo e membro dos irmandiños chama ao Bloque a recuperar o papel de "casa común da esquerda e do nacionalismo" e fala daquela polémica "dieta de cloro e unto".</description>
Exerzamos a maioría a favor da militancia
<description>É responsabilidade do Encontro Irmandiño e de Mais Galiza garantir unha Asemblea limpa e na que todos e todas podamos participar en pé de igualdade.</description>
O BNG non é propiedade da UPG
<description>O Encontro Irmandiño transmitiu á Executiva e ao Portavoz Nacional do BNG o "profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.</description>
Consello Nacional do BNG sen acordos nin votacións
<description>Ningunha novidade nin votación sobre a valoración dos resultados electorais do BNG.
Que Galiza siga tendo representación en Madrid  foi valorado moi positivamente por todas e todos os que se expresaron hoxe na reunión do Consello Nacional mais aquí rematan as coincidencias. A excepción da UPG e o portavoz nacional, todas e todos coincidiron en valorar como negativo que o BNG perdese perto de 30.000 votos sen ser quen de recoller parte do descenso electoral do PSOE.</description>
Posición e marco de referencia
<description>Estamos nun momento, como país, de máxima importancia para a nosa propia supervivencia; o nacionalismo galego poucas veces tivo un momento nos últimos trinta anos de tanta convulsión interna que podemos diagnosticar en catro síntomas evidentes.</description>
O BNG pertence á sociedade galega
<description>No Encontro levamos moito tempo a debullar cales serían os criterios a as medidas precisas para refundar o BNG, cremos que ten que ser un traballo colectivo de todas e todos os que integramos o BNG, pero si unha das premisas que debe ter o novo BNG é a súa apertura á sociedade entendemos que tamén debemos escoitala se estamos a falar dun instrumento político que pretendemos sexa para maioría da sociedade galega.
Nós temos as nosas ideas que a seguido imos referir moi sucintamente pero gustaríanos coñecer que pensades ao respecto e novas ideas para o mesmo fin: un BNG renovado e útil á sociedade galega. Agardamos as vosas opinións e aportes en info@encontroirmandinho.org</description>
Rexenerar sen pactos por arriba
<description>O Bloque precisa refundación sen "batallitas" persoais nin pactos por arriba</description>
Audio da Rolda de prensa de Beiras 21/11/2011
<description>O Portavoz do Encontro Irmandiño califica o resultado das eleccións do 20-N coa maioría absoluta do PP como un auténtico desastre para a democracia. Audios da rolda de prensa no interior.</description>
Valoramos positivamente que Galicia conserve representación nas Cortes.
<description>Lamentamos a maioría absoluta da “caverna española” que representa o PP e que o BNG, cunha baixada de perto de 30.000 votos, fose incapaz de recoller a fuga de votos do PSOE pola esquerda que benefician a EU que duplica os seus votos en Galiza.</description>