Iremos pasando paulatinamete os documentos, informacións, vídeos e artigos, desta á nova web.
Mentres dura a mudanza seguiremos mantendo aquí visíbeis os que aínda non foron trasladados.
Nada máis e moi agradecidos a Joomla que fixo posíbel que na vida desta web acumulásemos 768.662 rexistros de visitantes únicos e máis de catro millóns de páxinas vistas.
O peche de Galicia Hoxe non é un peche, é un asasinato
Mércores, 29 Xuño 2011 12:45
Asistimos a un acto máis da violencia fascista do Goberno que ten ocupado San Caetano, unha auténtica brigada de demolicións e limpeza étnica, que subverte preceptos constitucionais un día si e outro tamén,. É a mesma práctica dos nazis pero con outro métodos. Estamos ante o franquismo sen Franco.
É obriga constitucional dos poderes públicos a defensa das linguas como o galego, lingua propia de Galiza. Aínda así, a política do goberno Feixoo adícase a liquidar medios en galego, é o primeiro caso coñecido no que un goberno fai campaña a prol da analfabetización do seu país.
Todos os cidadáns e o mundo da cultura debemos promover a defensa a ultranza dos medios en galego. Precisamos unha rebelión cívica.
Sobre o peche de Galicia Hoxe tamén opina Beiras na entrevista que concedeu a Radio Obradoiro
Ser, entrevista a Beiras
Mércores, 22 Xuño 2011 15:01
Entrevista a Beiras na Ser. Emitida o domingo 19 / 06 / 2011
Á vista do publicitado na web do BNG a respecto do Consello Nacional e a creación dunha comisión para falar e reflexionar sobre o estado da fronte temos que facer o seguinte comentario de texto:
O Consello Nacional do BNG, acordou hoxe crear unha comisión aberta e plural, sen condicións previas, para abrir unha reflexión colectiva, preparatoria da asemblea nacional deste ano.
... Diante da posibilidade de repartir os restos de nada é necesario impulsar un proceso aberto que aposte pola democracia participativa, que non clasifique os militantes entre os teus e os meus, que convide os desencantados, os ilusionados e os críticos e que restaure unha ferramenta de transformación absolutamente necesaria para a defensa de Galiza.
As exclusións antidemocráticas das candidaturas de Bildu e do Alcalde de Arzúa certificarían o fin do pluralismo político
O fundamento da sentencia contra Bildu é máis parecido aos certificado de boa conduta do franquismo que ás probas que nun estado de dereito fundamentan unha privación de dereitos.
A Fundación Pedrón de Ouro otorgou o premio homónimo á sindicalista galega, Lidia Senra, na edición deste ano pola súa traxectoria a favor da defensa e promoción da cutura galega.
A "crise económica da época presente" que Brañas analisa e tenta diagnosticar no seu extenso discurso académico de 1892 non é outra que a famosa "crise finisecular" do XIX, que se desencadea a partir do 1873, vaise prolongar durante decenios, e atravesar inclusive os "felices" anos da belle époque, deica acadar o seu primeiro desenlace en forma de conflito bélico mundial, a Gran Guerra de 1914-18 -e digo primeiro desenlace porque, en rigor, o subseguinte período de entre-guerras vai constituir unha prolongación dese proceso de crise sistémica, que desembocará na Grande Depresión e só concluirá co estoupido da IIª Guerra Mundial: nada menos que meio século longo de duración, portanto. Esa crise marca e abrangue o declive da Gran Bretaña como epicentro do sistema-mundo de entón, ou sexa, do conxunto do sistema capitalista ao nível de mundialización acadado naquela altura. Trátase, xa que logo, dunha crise de hexemonía: o solpor e empardecer da Gran Bretaña como potencia hexemónica do sistema económico mundial.
... os cidadáns indignados ousan "reclamar o imposíbel", escandalizando aos domesticados ben-pensantes que asumen como imposíbel todo o que o sistema declara prohibido -ou sexa, calquera forma de auténtico exercicio da liberdade. Poisque cómpre reclamarmos o imposíbel: só é "utópico" aquilo que non se loita por acadar.
Nun ambiente cordial e participativo tivo lugar esta asemblea nun abarrotado auditorio da facultade de xornalismo
Durante máis de 4 horas as máis de 350 persoas que acudiron e este encontro aportaron e debateron sobre a temática proposta polo EI sobre o novo referente político e a rexeneración ou refundación do BNG en marcha.
Áudio da intervención de apertura do Encontro Aberto
Porque a perda de apoio electoral do BNG en mais de 54.000 votos, unha vez máis, lévao a unha situación límite. Porque o castigo ao PSOE fundamentalmente pola súa política económica non produce trasvase ao BNG. Porque o avanzo do PP constitúe unha auténtica "réplica" do sismo das autonómicas 2009 e pon nas mans da reacción moito poder municipal.
A decisión da Xunta Electoral Central de declarar ilegais as concentracións nas cidades na xornada de reflexión supón a suspensión do dereito de libre reunión (artigo 21 da Constitución Española) e é en realidade a declaración dun estado de excepción encuberto e unha nova mostra do carácter reaccionario que se agocha en moitos dos membros do Tribunal Supremo integrantes desta Xunta.
... os últimos decenios do s. XX constituen a primeira etapa, e non a derradeira, da actual "transición hexemónica", a da "crise hexemónica" que marca o "sinal" (1973) do "longo declive" da hexemonía norteamericán -no que, a partir de 2001-2003, as "guerras preventivas" de invasión en Afganistan e Irak anunciarían o comenzo do "caos sistémico" definitivamente aberto co crack de Wall Street no 2008.
... o que está en crise é o proprio sistema-mundo capitalista ao que se lle aplicou ese modelo ultra-liberal de xestión político-económica. Quer dicir que tampouco o modelo keynesián desterrado no seu día polos ultra-liberais resolvería hoxe o problema estrutural que padece o sistema, nen sequer lograría por sí só "reflotar" a economía do seu centro, como recoñecen neo-keynesiáns tan acreditados como o Nobel Paul Krugman, por caso -inanque paliaría, certamente, os efectos máis negativos da crise, e por suposto que non os agravaría como están a facelo as receitas ultraliberais que teimudamente están a aplicarse aínda arestora.
O pacto constitucional está rompido por obra dos mesmos actores que foran os seus artífices hai un terzo de século, a soberanía "nacional" cedida á UE e o FMI, os inquilinos do aparello de estado manexados coma monecos de ventrílocuo polo poder imperial e os seus missi dominici, o poder xudicial a facer "mangas e capirotes" dos dereitos cidadáns á marxe de calquer control democrático, a xerarquía católica reinstalada no sectarismo inquisitorial da "cruzada", e o capital financeiro transnacional convirtido en bailleur de fonds dunha metamorfose do nazi-fascismo encarnado nunha ultradereita reacionária e xenófoba disfrazada de popular: a farsa tráxica está servida no "corral nublado" de Max Estrella.