X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
xoves, 30 de outubro de 2014

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
PUNTO DE ENCONTRO

TECENDO ANOVA DESDE ABAIXO E Á ESQUERDA

Non se entende Anova sen a súa aposta por procurar frontes amplas e a unidade de acción na esquerda e o nacionalismo emancipador.

04/04/2013 Anova, xunto con xente non organizada politicamente e que colaborou na campaña, foi o compoñente imprescindíbel do éxito da coalición electoral que se converteu en terceira forza política galega ... Acreditamos que é o tempo de asumir os enormes retos e as responsabilidades que temos como forza política rupturista con ansia e vontade de ser capaz de aglutinar a unha grande maioría social disposta a trocar o mundo. Porque outra Galiza e outro mundo son posíbeis e necesarios.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Beiras. Axenda e vídeos de campaña

16/10/2012 Todos os vídeos dos mitíns de Beiras.Actualízanse diarimanete

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Beiras en Vigo. Vídeo do mitin de AGE ( Esquerda Unida - ANOVA )

19/10/2012 Vídeo do masivo mitin de AGE ( Esquerda Unida - ANOVA ) en Vigo. Centos de persoas tiveron que escoitar dende a rúa.

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

ANOVA Día da Patria 2012

31/07/2012 Acto do Día da Patria 2012 de ANOVA na praza de Mazarelos-Compostela. Presenta Flor Maceiras ao Coodenador Nacional de ANOVA, Xosé Manuel Beiras.

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Antoni Domenech: La metáfora falaz del “estado-familia”

31/07/2012 Entrevista de ATTAC TV a Antoni Domenech, profesor de Filosofía e Ciencias Sociais e Morais, da Universidade de Ciencias Económicas de Barcelona e membro do Consello Científico de Attac.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Día da Patria Galega

Mitin de Anova - Irmandade Nacionalista

Intervirán membros mozos e mozas da Coordinadora e o Portavoz Nacional, Xosé Manuel Beiras, .

24/07/2012 Mitin de ANOVA. Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela ás 13:00 horas. Presentará Flor Maceiras e intervirán membros mozos e mozas da Coordinadora e Xosé Manuel Beiras, Portavoz Nacional. Ao remate do Mitin haberá un xantar autoxestionado no Parque de Belvís. Avisa ás amizades e rúlao pola rede.

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Clausura da AN da ANOVA_Beiras

Intervención de Beiras na clausura da Aemblea Constituínte da ANOVA-Irmandade Nacionalista

18/07/2012

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Xosé Manuel Beiras analisando a situación político-económica actual

Vídeo entrevista a Beiras

25/06/2012

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

O Presidente Mujica en Río+20

24/06/2012 O Presidente Mujica falando diante de representantes dos 139 países presentes no cumio inaugurado polo Secretario Xral. das Nacións Unidas Ban Ki-moon. Río de Janeiro.

ler máis...
DO ENCONTRO información

“Eu son partidario dunha confluencia, pero unha confluencia de cidadáns conscientes nas asembleas de abaixo cara arriba”

Beiras chama a participar na Asemblea Constituínte do NPC

“Estamos ante a fin dun ciclo político e non podemos repetir vellas fórmulas partidistas ou de acordos polas cúpulas.”

20/06/2012 Beiras, en consonancia coa Coordinadora de Asembleas do NPC, fai un chamamento a participar neste proceso aberto.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Avanzando na construcción

O 14 de xullo Asemblea Nacional Constituínte

As portas están abertas e a obra sen rematar

16/06/2012 A Coordinadora Provisoria de Asembleas nacionalistas constituída formalmente hoxe e que xa representa a xentes de case 100 concellos do País, fai un chamado á participación neste proceso que se manterá aberto á incorporación de novas asembleas e persoas que desexen participar na Asemblea constituínte o día 14 de xullo.

ler máis...
DO ENCONTRO opinión

Xa abonda

Que se vaian todos e devolvan o roubado

Os banqueiros si que viven por riba das nosas posibilidades

09/06/2012 Hoxe acabamos de saber do acordo dun rescate por 100.000 millóns de euros do que aínda se descoñece os novos recortes que o acompañan pero do que xa sabemos que os cartos son para os banqueiros e a débeda para o Estado. Para os gobernantes e os banqueiros son so cifras que aos cidadáns do común nos marean pero se reparamos en que do que están levando os banqueiros, os recortes na sanidade son só unha faragulla, poderemos comprender a magnitude do espolio e as consecuencias. Unha faragulla para os banqueiros pero que axiña se transformará en sufrimento, enfermidade e mortes. Onde está a Fiscalía Xeral do Estado?

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Reunión de coordinación de asembleas

02/06/2012 Representantes de 43 asembleas por un Novo Proxecto Común, entre asembleas locais e comarcais de todo o País, concordaron hoxe en facer público o seguinte manifesto enviado aos medios de comunicación por Antonio Araúxo Quintas da Asemblea Nacionalista de Val Miñor. O manifesto e outras propostas someteranse ás asembleas locais que ademais poderán elixir quen os ha representar na Coordinadora Provisoria de Asembleas que se reunirá o sábado día 16 para, entre outras cousas, fixar o día da Asemblea Nacional Constituínte que se prevé celebrar no prazo aproximado dun mes.

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Conferencia de Xosé Manuel Beiras en Sada 1ª parte

Ante a crise, hai alternativas

29/05/2012

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Conferencia de Xosé Manuel Beiras en Sada 2ª parte

Ante a crise, hai alternativas

29/05/2012

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Dende os concellos tendendo pontes

Documento íntegro suscrito polos concelleiros e alcaldes reunidos hoxe en Teo a prol da nova organización nacionalista.

26/05/2012 Desde o Encontro Irmandiño saudamos esta nova iniciativa de máis de 50 de cargos institucionais de 26 concellos que fan do servizo á cidadanía que os elexíu a súa aposta pola construción participada, aberta e dende abaixo a prol do novo proxecto político

ler máis...
DO ENCONTRO comunicacións

O EI propón un proceso incluínte

16/05/2012 ... afirmamos que son as asembleas, onde cada persoa ten un voto, o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía.

ler máis...
DO ENCONTRO comunicacións

Veracidade e transparencia á cidadanía

Comunicado de prensa

12/05/2012 En ningún momento estando presente o Encontro Irmandiño se fixou ningunha data para que este foro se pronunciase cun manifesto en ningún sentido a respecto do proceso de construción da nova forza política. Os contactos non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil sen caer en vellos modos e erros doutras forzas que ven como a cidadanía lles viran as costas.

ler máis...
DO ENCONTRO comunicacións

O 12M o EI tamén toma a rúa

11/05/2012 O Encontro Irmandiño saúda fraternalmente e celebra as iniciativas xurdidas da sociedade civil encamiñadas a conter e reverter os brutais ataques aos intereses das clases populares perpetrados polo goberno de Mariano Rajoy baixo os ditados da troika composta pola Comisión europea, o BCE e máis o FMI e apoia plenamente a mobilización convocada polo movemento 15M para o vindeiro sábado 12 de maio.

ler máis...
DO ENCONTRO mocidade

Le e participa nos comentarios

Unha proposta da Mocidade do Encontro

30/04/2012 No grupo de traballo de Mocidade do EI consideramos que o resultado do proceso será o que se decida asembleariamente de abaixo cara arriba, tentando confluír nun programa estratéxico de emancipación nacional e social que aglutine as súas distintas lecturas.

ler máis...
OPINIÓN da Galiza

Le e participa nos comentarios

Dous motores de tempos distintos para o NPC

Texto lúcido, conciso e clarificador sobre a construción do NPC, que consideramos de moito interese.

23/04/2012 Un guión escrito dende a cúpula, que conciba as asembleas como o lugar onde debemos aplaudir coas orellas, non concorda cos principios de construción de abaixo a arriba. Mais tamén, calquera xesto público das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluído o arredismo) que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas.

ler máis...
DO ENCONTRO acordos

Le e participa nos comentarios

A nosa proposta para o proceso de construción do novo proxecto común

Unha aportación ao debate de base a prol do novo proxecto común

21/04/2012 O Encontro Irmandiño está por un novo referente para a sociedade galega, nacionalista e co centro de gravedade na esquerda, así é como a vemos nós, queremos contrastala con todas e todos aqueles nacionalistas que estexan pola súa construción

ler máis...
PUNTO DE ENCONTRO

Le e participa nos comentarios

Desbordes creativos

Desbordes Creativos é un libro de Tomás R. Villasante, sociólogo brillante.

18/04/2012 ... á necesidade de desbordar os marcos políticos-sociais nos que estamos inmersos para un só fin, conquerir a hexemonía social, e por tanto, converter á sociedade galega en protagonista do seu futuro, pasando por unha toma de conciencia e un exercicio libre de cidadanía que novamente desborde os límites da hexemonía existente ...

ler máis...
OPINIÓN DO MUNDO Recollido doutros medios

Robin Blackburn: CRISE 2.0

Traducido por Xosé M. Beiras

12/04/2012 Por consideralas de especial interese para nós, e maiormente no contexto circunstancial das agresións políticas que estamos a aturar dos actuais governos central e autonómico do PP, escolmamos e reproducimos a seguida as seccións III e IV, e máis o colofón, deste lúcido e criativo ensaio de Blackburn. (N. do T.).

ler máis...
OPINIÓN DO MUNDO Mike Davis

A primavera enfronta o inverno

Publicado en español na New Left Review, nº 72, enero/febrero 2012 e traducido por Xosé M. Beiras

09/04/2012 ... o sul de Europa afronta a mesma devastación provocada polo axuste social e a austeridade forzosa que Latinoamérica sufríu na década de 1980. As ironías son mortais. Malia que a Europa norcentral desenvolveu de sócato un agudo síndrome de amnesia, o caso é que inda hai poucos anos a prensa económica gababa a España, Portugal e inclusive Grecia ...

ler máis...
DO ENCONTRO comunicacións

Feijoó, ou a miserenta política do home da mangueira

Non merecemos este malgoberno.

01/04/2012 O Encontro Irmandiño súmase ás concentracións convocadas para este luns ás 20.30h. e manifestamos a nosa tristura e indignación pola catástrofe ambiental que está a acontecer nas Fragas do Eume e denunciamos que as miserentas políticas ambientais e forestais da Xunta, unidas a indecentes e escuros intereses tan económicos coma ideolóxicos, teñen consecuencias nefastas para o País.

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

As razóns para a Folga Xeral do 29 de Marzo

22/03/2012 En comparecencia pública o Portavoz do Encontro irmandiño explicou as razóns para participar na Folga Xeral do día 29

ler máis...
MULTIMEDIA vídeos

Entrevista a Beiras en Vtelevision

20/03/2012

ler máis...
DO ENCONTRO comunicacións

DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA E DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

09/03/2012 O Pobo galego non debe ficar indiferente ante esta ofensiva do capitalismo financeiro na súa fasquía máis reaccionaria dos gobernos do PP, polo que todas e todos debemos participar activamente en todas as mobilizacións, incluída a anunciada greve xeral.

ler máis...
NOVAS do Mundo

Tirado de Sin Permiso

“Vostedes aplican a Grecia Versalles, pero os gregos precisan Marshall.”

Gregor Gysi é o portavoz do grupo parlamentar da Esquerda (Die Linke) no Parlamento federal alemán

09/03/2012 Intervención de Gregor Gysi, portavoz do grupo parlamentar da Esquerda (DIE LINKE), o pasado 27 de febreiro no Parlamento alemán no debate parlamentar sobre a aprobación do último rescate de Grecia.

ler máis...
NOVAS da Galiza

8 de Marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres

“FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!! FEMINISMO MÁIS QUE NUNCA”

06/03/2012 ... contra os recortes de dereitos que estamos a sufrir, especialmente duros no caso das mulleres, participamos na Campaña do 8 de Marzo xunto con outros colectivos, que rematará cunha grande Manifestación Nacional en Compostela o domingo 11 de Marzo ás 12h desde a Estación de Tren.

ler máis...
DO ENCONTRO comunicacións

O Pindo: patrimonio común, loita común

04/03/2012 Dende o Encontro Irmandiño animamos á cidadanía galega a apoiar e facer súa a manifestación que, convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, terá lugar o vindeiro 14 de abril entre O Ézaro e as egrexias abas graníticas do Pindo, patrimonio natural, cultural e histórico de todas as galegas e de todos os galegos.

ler máis...
©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal