X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
xoves, 25 de maio de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

Veracidade e transparencia á cidadanía

Comunicado de prensa

12/05/2012

 

O Encontro Irmandiño ante certas informacións que están aparecendo nalgúns medios, foros e redes sociais a respecto dos contactos que diversas forzas políticas que estamos a prol do Novo Proxecto Común estamos a manter, en concreto os habidos entre Acción Galega, +Galiza, Ecogaleguistas e o EI, queremos en exercicio da necesaria veracidade e transparencia á cidadanía, comunicar o que segue:


1. En ningún momento estando presente o Encontro Irmandiño se fixou ningunha data para que este foro se pronunciase cun manifesto en ningún sentido a respecto do proceso de construción da nova forza política.

Isto sería incongruente coa postura mantida, e expresada fora e dentro, polo Encontro sobre o carácter deses contactos que non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil sen caer en vellos modos e erros doutras forzas que ven como a cidadanía lles viran as costas.


2. O Encontro Irmandiño manifesta as súa vontade de continuar estes contactos co seu carácter inicial de servir de lugar de encontro para explorar mutuamente, intercambiar opinión e as ideas da pluralidade existente no nacionalismo e facilitar e axudar ao impulso respectando o proceso desde as asembleas de base, sen montar acordos de cúpulas para condicionar a participación cidadán.

Estamos convencidos de que esas asembleas nacionalistas constituídas son o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía.

Neste sentido facemos un chamamento ás forzas políticas que estean a prol do novo proxecto a animar ao conxunto da súa militancia a participar neste proceso asembleario como xa o están a facer moitas xentes nas ducias de asembleas en marcha.


Galiza, 11 de maio de 2012


COORDINADORA DO ENCONTRO IRMANDIÑO

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal