Nestes meses de treboada polÃtica acumuláronse diferentes
opinións e moitos rexoubes, en ocasións insubstanciais, para o
artellamento dun proceso polÃtico en marcha. Como tal movemento en obras
precisa das achegas, individuais e colectivas, que fornezan elementos
de debate concretos na procura de botar os alicerces do Novo Proxecto
Común.
Os que isto escribimos sabemos que non estamos a descubrir nada
que non se diga aquà e acolá. Recollemos ese murmurio, que de tan
repetido comeza a ser enxordecedor, para botalo á esfera pública coa
finalidade de converterse nunha panca que accione o debate colectivo.
Propomos rozar na ramalleira informe que é o intre de creación
de calquera organización e diferenciar dous espazos con dinámicas de
seu. Dous espazos interconectados pero a distinta velocidade. Dous
carrÃs en paralelo que nos leven cara a constitución dun movemento
nacional, con base protagónica na cidadanÃa activa, que sexa quen de se
expresar na esfera polÃtica con actores, actrices e un guión común
xurdidos dun escenario estritamente asembleario que agrome dende as
localidades e se espalle polo paÃs enteiro.
Reparemos na imaxe dunha zanfona na que os dedos deben, por
unha banda, deslizarse con axilidade polas teclas para que soe a melodÃa
mais na que esta só se produce, pola outra banda, co xirar moito máis
pausado, menos espectacular e rimbombante, do manubrio que, con
constancia, acciona a outra man.
Como se fósemos tanxedores de zanfonas debemos imaxinar este
proceso. Xebremos o que é a elaboración dunha candidatura de consenso
(máis vistosa, amiga de focos e apurada polas datas) do que é a
conformación dunha nova e renovada expresión polÃtica (máis subterránea,
traballosa e de tempo pausado). Unha e outra manteñen unha relación
biunÃvoca e neses vencellos cómpre poñer o acento.
A alianza electoral é unha urxencia para frear o
desmantelamento do ben común e do minguado poder público e tamén unha
referencia necesaria para quen desexe traballar, sexa cal for o seu
nivel de implicación, no horizonte das posibilidades e das alternativas
concretas. Responde a un intre histórico. Probablemente, nos anos
pasados non serÃa unha fórmula válida, nin sabemos se o será na mesma
cuadratura do mañá. Estamos obrigados a termos unha idea ampla das
candidaturas que dea unha resposta concreta ao neoliberalismo que está a
minar os dereitos e as economÃas dos máis.
Consideramos que a amplitude desa alianza táctica vai dende a
socialdemocracia cara á esquerda, nun abano xeneroso composto por
diversas sensibilidades. Hai un lÃmite temporal (a convocatoria das
autonómicas) que reclama unha celeridade non por iso transmutada nun
cheque en branco a determinadas maiorÃas ou aceptación pasiva do que
digan as cúpulas.
A conformación das asembleas é urxente, e desde aquà facemos un
chamamento a que en cada lugar do paÃs a cidadanÃa, que considere
necesaria a converxencia na defensa dos ataques que estamos a sufrir,
comece a autorganizarse constituÃndose en asembleas nacionalistas,
cidadáns, ou do nome que cada grupo decida soberanamente. Este proceso
precisará, por parte de todos e todas, dunha atención ben demorada, fóra
de lindes temporais e de condicionantes mediáticos. O poder das
asembleas constitúese dende abaixo e coa implicación dos seus axentes.
Que ninguén agarde a construción dun movemento e dunha nova cultura
polÃtica como un suceso ao chou, que veña dado, que estea ditado mentres
nós copiamos coa cabeza agachada mirando para o papel.
Un guión escrito dende a cúpula, que conciba as asembleas como o
lugar onde debemos aplaudir coas orellas, non concorda cos principios
de construción de abaixo a arriba. Mais tamén, calquera xesto público
das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluÃdo o arredismo)
que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas.
Cremos necesaria unha rexeneración que emana da experiencia da
ocupación das prazas e da lectura da polÃtica como un exercicio
desprestixiado. Hai que introducir novas prescricións que abrangan dende
a revogabilidade e a subordinación dos cargos electos ás asembleas até a
blindaxe do poder de decisións nas bases, dende o obrigado compromiso
constante (e non só puntual e interesado) cos procesos asembleares até a
fraternidade como cultura polÃtica, ao cabo, dende a democracia
participativa á implicación do pobo mediante o traballo. Por iso,
pensamos que a nova ferramenta polÃtica que se constrúa para as
vindeiras eleccións debe facer pública e expresa a súa vinculación ás
asembleas e debe asumir o seu carácter de medio para levar ás
institucións os mandatos daquelas.
Non entendemos a vindeira expresión emerxida das asembleas
unicamente cal se fose unha sigla. Comprendemos o nacionalismo e a
esquerda real como un movemento ancho que recolla os distintos eidos de
actuación. A panca polÃtica é a expresión nas institucións de todo ese
movemento pero é parte igual e horizontal aos movementos sociais.
Observamos un anaco do pobo ateigado de ilusión e que cre
necesario elaborar un novo voceiro que evite e corrixa as eivas doutras
experiencias. Hai que reflexionar en comunidade, repasando os vellos
postulados e introducir ideas chegadas doutros ensaios. Precisamos
erguer un altofalante mediante a afirmación dun programa e non por medio
da negación do outro. Isto non é un axuste de contas.
O peche deste proceso resulta unha incógnita. Non cremos nos
dixomedÃxomes nin no prexuÃzo como argumento polÃtico. Pensamos que non
se pode construÃr o común coa mentalidade do porteiro de discoteca que,
arbitrariamente, escolle quen entra e quen non entra ao club. O
resultado final responderá á participación da cidadanÃa, ao seu
protagonismo activo, e non á creación dende arriba dun receitario
pechado e inamovible. O difÃcil é enfrontarse ao debate, á argumentación
e á exposición pública do pensamento polÃtico. Primeiro deamos a
batalla e despois decidamos se o desenlace resulta óptimo ao baremo
particular. Toca arremangarse, poñer a funda e traballar.