X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 12 de decembro de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO acordos

Le e participa nos comentarios

A nosa proposta para o proceso de construción do novo proxecto común

Unha aportación ao debate de base a prol do novo proxecto común

21/04/2012

 



Hoxe, máis que nunca ante a política de demolición practicada polo PP

... e no camiño para conquerir unha Galiza dona de si mesma, cómpre dotar ao País dun aparello xurídico político baseado na radicalidade democrática e nos principios republicanos da igualdade, a liberdade e a fraternidade, tendo como eixos transversais de acción política a conciencia sobre os límites ecolóxicos do planeta, o antipatriarcado e a loita contra calquera caste de discriminación. O desempeño das responsabilidades políticas deberá estar fiscalizado pola cidadanía, garante do mandato imperativo sobre os elixidos e elixidas. A orientación das políticas en todos os ámbitos serán as necesidades das maiorías sociais para poder vivir e traballar dignamente na nosa Terra.

Por iso, quen non está a prol de medidas urxentes e básicas como...?

1. Auditoría da débeda pública e o compromiso de non aportar fondos públicos para viabilizar entidades bancarias. Reconstitución do sector financeiro público ao servizo da cidadanía galega, apostando pola reversión das caixas de aforro á súa natureza orixinal de entidades non capitalistas de economía social.

2. Reversión ao dominio público das concesión feitas ao sector privado en materia de infraestruturas, recursos, bens e servizos estratéxicos que poidan ser interpretados como de interese público ou común.

3. Regulación pública vía taxación dos mercados, intermediarios, fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no tocante ás operacións especulativas.

4. Reforma tributaria para restablecer unha fiscalidade progresiva, nomeadamente sobre os tramos elevados de ingresos e patrimonios privados, a prol dunha indispensábel política redistributiva de benestar social, encamiñada a garantir as condicións materiais da liberdade.

5. Establecemento e fortalecemento, tanto na función pública canto no sector privado, dos marcos normativos reguladores do mercado laboral e dos réximes salariais a prol dos dereitos e garantías económicas e sociais na igualdade de xéneros e idades garantindo: a estabilidade e seguridade no emprego, a redución da xornada laboral, a cobertura do paro e das xubilacións, a participación equitativa da forza de traballo no valor engadido e o incremento da produtividade. Derrogación das sucesivas reformas laborais. Democratización da empresa regulando a participación das persoas traballadoras na súa dirección e xestión.

6. Soberanía alimentaria e enerxética. Sustentabilidade ecolóxica e social.

7. Igualdade real de homes e mulleres no eido laboral, medidas para a erradicación da violencia machista, respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

8. Medidas para regularizar a situación das persoas migrantes e para garantir a plena igualdade de dereitos co resto da poboación.

9. Defensa activa contra a desaparición da identidade galega, contra o exterminio planificado da nosa lingua, o deterioro da nosa paisaxe, o abandono do noso patrimonio cultural e a deturpación da nosa historia.

10. Defensa innegociable dos servizos sociais públicos, nomeadamente dunha sanidade e dun ensino gratuítos, públicos, universais e de calidade.

11. Políticas de defensa do sector labrego, revitalizando as pequenas e medianas explotacións, apostando pola recuperación dos ecosistemas agrarios e a Sustentabilidade económica, impulsando a ordenación do territorio e a fixación de poboación no medio rural.

12. Políticas análogas ás do punto anterior para o mundo mariñeiro e a beiramar.

13. Ordenación territorial e urbanística con criterios sociais e ecolóxicos, buscando o reequilibrio territorial, recuperando as formas de poboamento tradicionais e humanizando os núcleos urbanos.

14. Políticas de promoción e equidade económica, fiscal e social para as formas de traballo autónomo e de pequenas empresas, con fincapé nas formas cooperativas e de economía social.

15. Ordenación do sector comercial a prol da revitalización racionalizada do pequeno e mediano comercio fronte ao grande capital comercial, impulsando a necesaria reforma do marco normativo do sector.


Pero para conseguirmos todo iso precisamos unha sociedade civil activa e implicada e novos xeitos de relación entre a instancia política e a cidadanía.

Nos últimos anos ten mudado de forma significativa o xeito no que a xente entende a política e mesmo a súa necesidade. As persoas ou organizacións que pretendan actuar en política deben recuperar unha certa confianza social para que a mensaxe e actuacións teñan un mínimo de receptividade e de retorno
Un feito chave, pois, para unha nova forza política é transmitir ese feito diferencial. A recuperación da confianza só será posible mudando en parte o concepto social de “político/a”, que debe ser visto como un cidadán máis, non como unha persoa privilexiada. Que a nova organización sexa visualizada como unha ferramenta política útil será se a cidadanía así o percibe e non porque o digamos nós
Neste sentido, os movementos cívicos xurdidos no ano 2011, supuxeron un elemento aglutinador desas ideas alternativas que, ao mesmo tempo que concentra e visualiza as críticas sociais nesa dirección, posibilita tamén unha vía de achegamento ou de superación da situación ao reivindicar a actuación política dende un punto de vista distinto.


Consecuentemente, unha nova ferramenta política debe perseguir:


1. Reivindicar a política como mecanismo lexítimo de poder do conxunto da sociedade e como parapeto fronte a outros poderes, especialmente o económico-especulativo.

2. Transmitir como elemento de diferenciación unha posición radicalmente democrática e ética. Democrática, trasladando socialmente os mecanismos de decisión internos e apoiando medidas que incrementen o poder de decisión da sociedade, como a eliminación de mínimos porcentuais para o acceso ás institucións. Radicalmente ética nas cuestións económicas, practicando a transparencia e favorecendo a participación na toma de decisións e o control social da actuación política nesta materia.

3. Propiciar un cambio de valores sociais (colaboradores necesarios nas causas estruturais da crise económica), impulsando a participación na toma de decisións e a renovación dos modos de intervención social: acompañar e non dirixir.

4. O eixo da nova política ten que ser a preocupación pola cidadanía. A nova organización ten que ser útil para a cidadanía diante das consecuencias das decisións ou das inhibicións políticas.

5. A nova organización debe ser entendida como unha forma de representación política pero tamén como unha comunidade de intereses na que conflúan os representantes dunha maioría social agredida.


E para conseguir todo iso precisamos un modelo de organización novo que se debe estruturar baixo uns principios organizativos mínimos que garantan a unidade dentro da pluralidade.

  • Democracia asemblearia.
  • Incorporación de persoas a título individual.
  • Pluralismo político.
  • Estruturación territorial.


O “modelo BNG” foi asociado a un mal exemplo de fronte debido a que dexenerou nunha especia de coalición asimétrica de partidos no que un guía decide e remata por converter aos outros en lobbies comparsa-coartada. O BNG que podemos reivindicar é o dos 80 e 90, cando funcionou realmente coma unha fronte plural. Pero, aquel deseño tampouco se podería reproducir agora porque a pluralidade de hoxe é moito máis diversa e non se sente representada nas numerosas organizacións políticas existentes. Hai segmentos sociais que non se senten representados en ningunha das forzas políticas que hoxe hai nin nas que se anuncian.

O partido clásico non ten moito mellor cartel que o BNG actual. Tanto un coma o outro teñen un funcionamento piramidal, máis camuflado no BNG cun partido guía e plataforma, máis evidente nos partidos coa figura dunha dirección elixida democraticamente presidida por un Secretario Xeral que fai e desfai nun período de tempo acumulando poder, o que case lle asegura reproducirse con moita autonomía respecto do que pensen as bases.

Só a autonomía das direccións respecto das súas base e da cidadanía explican que, tanto os partidos clásicos coma o BNG dos últimos tempos, sen mudar nada, continúen a actuar ignorando o descrédito que acumulan por traizoaren reiteradamente os compromisos que adquiren nas campañas electorais. O NON NOS REPRESENTAN! é un berro do 15 M compartido pola maioría da cidadanía.

Construír de abaixo cara arriba, horizontalmente e en igualdade real entre as persoas. Cooperar e non competir.

O nacionalismo é plural e está diversamente organizado, polo que non podemos metelo nun molde. Hai que respectar todo o que hai: partidos (EI, +G, PNG-PG, FPG, etc. ), agrupamentos varios e persoas que compartan un programa de mínimos. O único xeito de conseguilo é con Asembleas territoriais nas que se participe individualmente.

Ademais, a organización que precisamos para o obxectivo estratéxico da liberación nacional e social de Galiza debe construírse baixo un principio de acción inspirado nunhas liñas estratéxicas e programáticas básicas e nunha nova relación coa sociedade galega.

O NOVO PROXECTO COMÚN debe recoller os principios políticos inspiradores do nacionalismo galego contemporáneo, na medida en que recollen obxectivos estratéxicos non acadados, están máis vixentes ca nunca, mais hoxe vemos tamén a necesidade de contemplalos á luz da loita por un cambio sistémico impulsado por redes mundiais de movementos sociais e algúns estados da periferia do sistema.

Consideramos que as mudanzas na estrutura social galega nas derradeiras décadas esíxennos que, dende a pluralidade, sexamos quen de acoller as diversas lecturas do proxecto común de liberación nacional e social de Galiza. Ningunha clase ou fracción social está hoxe en condicións por si mesma de ofrecer un proxecto válido para a maioría da sociedade obxectivamente agredida. Cómpre, polo tanto, impulsar unha ferramenta representativa desa maioría social para contrapoñer á tiránica ditadura dos poderes financeiros e á perda de soberanía de Galiza na súa toma de decisións colectivas.

A nosa contribución ao novo proxecto común pasa pola unión leal e en pé de igualdade da cidadanía galega concienciada ao abeiro dos seguintes principios.

  • Galiza é unha nación. O novo referente político débese construír en base á cidadanía galega que defenda o carácter nacional de Galiza e a autoorganización da mesma para o exercicio pleno da súa soberanía.
  • Democracia participativa. No convencemento de aplicar a mesma no funcionamento interno do referente político e na relación do mesmo coa sociedade (no traballo político cos movementos sociais e dende as institucións), pois a liberación nacional de Galiza debe ser realizada por e para o pobo galego.
  • Modelo social en defensa dos intereses populares. Implica políticas activas transformadoras que graviten na esquerda ao servizo da maioría social agredida fronte á agresión do capital financeiro.
  • Auto-organización. O novo proxecto común debe estar integrar por persoas, colectivos ou grupos que partan dunha completa independencia orgánica exterior e que teñan como principio e fin das súas decisións os intereses colectivos de Galiza e o seu proceso dinámico de autodeterminación para superar a dependencia do noso País.
  • Antiimperialismo e Pacifismo. O novo referente político debe posicionarse na loita antiimperialista, e contraer o compromiso de asumir e exercer con absoluta enerxía e rotundidade os métodos de combate pacíficos e democráticos propios da mobilización cívica, social e política, con exclusión do uso da violencia e co rexeitamento e denuncia da violencia institucional padecida polo común da cidadanía.
  • Antipatriarcado.
  • Sustentabilidade ecolóxica e social


voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

Xurxo

16/05/2012 Ben , leendo un pouco o documento , preocupanme algùns puntos que non vexo moito que se adapten a realidade na que vivimos, (Importante se queremos transmitir algo a xente) Para comezar no primeiro punto "Medidas urxentes bàsicas" -No apartado 1 - Auditoria debeda pùblica - gustariame saber a que debeda se refire o documento se a do noso pais ou a Española , xa que a primeira si comben cuantificala , xa que è toda unha incognita , e agora e cando os mercados pretenden usala como arma arroxadiza para quitarlle o governo galego competencias . Por outra banda è a debeda Española a que sae a subasta os mercados todalas semans , polo que o final se arranxamos a nosa debeda(A de galiza) segueriamos a ter problemas de financiamento porque outras comunidades autonomas teñenno moi dificil (Vexaxe Valencia ou C.A Madrileña , Navarra etc...)A debeda Española non ofrecerìa garantes de solvencia para os mercados motivado pola deveda autonòmica. E un pouco a pescadilla que traba no rabo. Primeiro haberìa que cuantifica-la debeda do noso pais , e logo ver que estratexia comverìa usar para negociar co estado español , a ben de rebaixala , ou non , sempre e cando Galiza non perda poder de autogoverno. Esto por un lado , logo neste mesmo apartado falase da reversiòn das caixas, -. Uf !!non himaxino o gasto que conlevarìa este proceso , e os cartos que nos voltarìa a costar a todos. Creo que existen outros mecanismos para crear entidades de aforro ou depòsito e crediticias , de nova creaciòn (limpas de activos tòxicos) e participadas polo estado , co desembolvemento dunha lei para as mesmas na hora da sua constituciòn que non permita as malas practicas do que aconteceu ata o de agora coas nosas caixas. No apartado 5 creo que hai que facer unha reflexiòn seria sobre os distintos tipos de empresas que existen no noso pais , e de que non todalas exixencias son aplicables a todo tipo de empresas, se non serìamos todos traballadores , e ninguen querria ser autonomo , ou pequeno empresario , moito ollo a hora de exixirlle a un emprendedor que ten dous empregados garantias , cando se vive nunha situaciòn de crise internacional , e as ventas caen , os custos suben ,e se pechan unha morea de pequenas empresas o dia. Na miña opiniòn un traballador ten os dereitos que gaña como traballador , non os que lle veñan dados por etiqueta. Para levantar un pais son necesarios os traballadores , pero tamen son necesarios e moito os pequenos empresarios e os emprendedores. Bueno , non me quero extender pero creo que queda claro. No entro a valorar o resto dos puntos , a ferramenta polìtica axeitada etc.. xa que è do que màis se està a comentar , e coido que xa se leva moito falado , parecianme moito mais interesantes estas"medidas urxentes que creo que ainda hai que darlle algunhas voltas"

Pepe

11/05/2012 Ben.O documento é impecabel.O problema claro é como se leva a cabo.Democracia participativa, asamblearismo...pero como se concreta?Calquera pode acudir a unha asamblea e poderá votar? Que porcentaxe para aprobar eses acordos?Serán vinculantes as decisións asamblearias? Cantas Asambleas?PEro ben, pouco a pouco e con boa vontade todo é posibel.Parabén por estas iniciatvias que che reconfortan.

xan nieto

09/05/2012 Todo moi bonito e resabido, pero xa ven o lobo, e as ovellas descarriadas. A esta velocidade Frijolín quedará como o novo mesías, e xa podemos ir emigrando.

xose manuel

01/05/2012 Penso que tal como está a acontecer...... moitas xuntanzas por arriba , se teria que facer XA unha asemblea aberta para falar do NPC abertamente e asembleariamente , xa que é o momento de que poida falar TODO O MUNDO E TODAS AS SENSIVILIDADES DA GALIZA , asi clarificaremos e concretaremos os punto MINIMOS para ir todos e todas xuntos as próximas eleccions e sempre coa participacion das asembleas , propoñendo ( no seu momento ) dende as propias asembleas que ten que encabezar e ir nas listas . ASEMBLEA ABERTA XA. Saude e forza

Cris

01/05/2012 Considero moi positiva esta proposta do EI para a construción dun NPC. Adiante co Novo Proxecto Común. Pero sen esquecer dous principios básicos: 1)No contexto actual do Nacionalismo, e sobre todo do país, o primordial é que este sexa unha UNIÓN DE TODO O NACIONALISMO (incluindo ao Independentismo) e a ESQUERDA GALEGUISTA que hai fóra do BNG.2)O obxectivo PRIORITARIO a curto prazo é DERROTAR A FEIJOO nas elecións, polo tanto coa máxima unidade é o único xeito, e sair nós dese proceso democrático REFORZADOS ANTE O POVO GALEGO como verdadeiro referente do Nacionalismo novo achegándonos aos resultados que saque o Bloque e incluso tentando superalos. Para isto eu propoño: a)Non renunciar nunca aos 7 principios básicos que propón o Encontro Irmandiño: CONDICIÓN INDISPENSABLE que os outros colectivos os aceiten para ir nós con eles (tampouco se pide tanto!!). b)É perentorio integrar a TODO O MUNDO (e ainda así somos poucos!) para conseguilo. Falo tamén, aparte de +GZ, Ación Galega, Ecogaleguistas e todos os que se comentan nos medios, os INDEPENDENTISTAS que queiran vir connosco (moitos tamén o somos): todos os de Causa GZ, FPG, MpB, etc, e incluso NÖS-UP (ainda que estes seguramente non quererán) e sobre todo E. UNIDA (con gran crecemento no Estado, apoio do 15-M, prestixio de cara ao votante e moi bos resultados nas últimas municipais e xerais no país- Compostela 5000 votos, Ferrol moitos tamén, así coma noutras cidades), xa que de non ir ainda que sexa en coalición con eles, sacarán bastantes votos, incluso algún deputado e restaránnos apoio nesta nova andaina. O FUNDAMENTAL É TUMBAR Ó FEIXOO!, senón non quedara NADA DA NOSA PATRIA (anacos unicamente). Esta unidade, xunto coa novidade que representaríamos, darianos visibilidade MEDIÁTICA e posibilidades de non caer na INANICIÓN. Paréceme a única maneira a curto prazo, xunto, claro está coa CONTINUACIÓN DO FUNDAMENTAL TRABALLO DOS Grupos de BASE que é básico na construción dunha base social solida para o NACIONALISMO GALEGO que nunca tivemos, nin se quer nos bos anos do BNG.

SOUSA-POZA

25/04/2012 De veras lo siento: lo encuentro un rollo.

José Leira

24/04/2012 O pacto por arriba entre +G, Ecogal, EI e Acción Galega é unha tentativa clara de exclusión do independentismo galego no proceso de debate constituinte. É evidente que algúns non queren saber do independentismo nin en pintura, nin da esquerda máis combativa, pero este acotar o proceso por arriba é un síntoma das práticas que tantas veces se critican a outros. Chámame a atención que o Encontro prefira alianzas por arriba con partidos que nin son nacionalistas antes que falar en público con quen debería falar.

José Leira

24/04/2012 O pacto por arriba entre +G, Ecogal, EI e Acción Galega é unha tentativa clara de exclusión do independentismo galego no proceso de debate constituinte. É evidente que algúns non queren saber do independentismo nin en pintura, nin da esquerda máis combativa, pero este acotar o proceso por arriba é un síntoma das práticas que tantas veces se critican a outros. Chámame a atención que o Encontro prefira alianzas por arriba con partidos que nin son nacionalistas antes que falar en público con quen debería falar.

ERB

24/04/2012 Propostas funcionamento das Coordenadoras Asemblearias: Funcionamento 1.- Consensuar Funcionamento da Coordenadora: Periocidade de reunións, tempos de intervención dos membr@s (Operatividade i eficenza) locais asemblearios (A acadar), militancia e afiliacións… 2.- Organización Interna por comisións horizontais??. 3.- Unha coordinación rotatoria que homoxeinice o funcionamento das comisións cara aos obxectivos comúns. 4.- Criar unha conta común de comunicación electrónica, p.ex. no Gmail/Hushmail…, coma organización (política) co obxectivo de compartillar información. 5.- Consensuamento do xeito de comunicación e coordenamento conxunto cara á sociedade i aos medios (Importante á imaxe dun bó coordenamento sen solapamentos…). 6.- Coma complemento do ponto 5, mensaxes políticas e de acción craras, concretizadas e positivas: Consensuar, xa que logo, o vieiro niste senso. Propostas base_Funcionamento : 1.- Cargos rotatorios, de xeito que tóda-la coordenadora sexa quen de manexar os contactos, información e decisións. 1.1.- Un moderador : Encarrágase dos temas de debate, das quendas de palabra, de moderar para nón repetirse sobor das mesmas cousas i dos tempos axeitados de intervención. 1.2..- Un Secretari@ : Levanta acta cas decisións finais consensuadas. 1.3..- Comisións de accións políticas e de apoio aos movimentos sociais (Previa notificación e consensuamento) 1.3..- Voceir@s : Despois de ter definidos os temas de funcionamento i as comisións, a “figura” do voceiro/s facería as labouras de coordenamento de comisións i de vocear@ cara aos medios i a sociedade. Obxectivos de funcionamento 1.- Dinámica de grupo cooperativa. Nón hai autoridade fóra da Asemblea. 2.- O método é tamén a finalidade: Minimización de calquer tipo de diferenzación interna, procedementos de rotacións nas posicións ca impriquen unha relativa concentración de responsabilidade ou protagonismo individual coma a de voceiro ou coordenador… 3.- No estabelecemento de comisións (se fóra o caso) todo o mundo é responsable por igual das tarefas a realizar. 4.- Nomeadamente, a información ten que fluer polo conxunto da organización-coordenadora do NPC horizontalmente, para sermos quen de discutir con fundamentos, participar críticamente na toma de decisións i comprender as problemáticas tratadas. 5.- Consolidar a democracia coma un referente político ideal tanto coma valor a seguer, coma na súa vertente procedemental. Conclusións : 1.- É importante chegar aos acordos grazas a un proceso deliberativo ben informado no intre de fixar o programa xeral de actuación i tomar decisións no seo da organización asemblearia. 2.- A dinámica cotián da Asemblea_coordenadora do NPC, entendo, debe seguer criterios de eficencia i eficacia para favorecer a comunicación social. Plan de accións Político-Sociais Propostas para consensuar 1.- Posta en común e recopilación dos datos dispoñibles de organizacións eco, sindicais e movimentos sociais que amosaran a súa empatía co NPC. 2.- Listaxe das mesmas e contactos dispoñibéis. 3.- Ferramentas das que dispormos a día de oxe/ Ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun xeito eficiente das acións futuras. 4.- Liña de actuación Político-Social : Construción, mensaxes políticos e acións consensuadas de actuación na mesma direción. QUÉ (obxectivos) quermos transmitir políticamente (a QUÉN queremos chegar normadamente), CÓMO queremos artellá-lo i facelo e CANDO (Obxectivos de actuacións planificadas no tempo).

Iria

22/04/2012 Gracias polo traballo de análise, síntese e esquematización. Uns conceptos amplos e coherentes cos que a maioría da sociedade se podería identificar. Polo menos eu o fago. A dificultade que presinto, vendo distintas opinións é a dependencia que temos das etiquetas, dos personalismos e das posicións no expectro político... para formar a nosa opinión e é posible que moitos non sexan capazes de traspasar a membrana trasúcida dos prexuizos para chegar ó esencial. É difícil facerse unha idea concreta de algo tan alonxaddo do que agora coñecemos coma "política" pero temos que facer o esforzo de librarnos de prexuizos e formas de ver a sociedade, que se basean nun modo de vida que non é nin sostible nin realista. Para min, éste é o camiño correcto. Noraboa.

Manoel

22/04/2012 Antom. Os media son os media aínda que sexan galegos e dixitais. Se algo lles cadra moi ben co que prognosticaron, EI, +G, EG e AG xuntos e sós, dánlle para diante e omiten as conversas do EI coa FPG, MPb, FOG, .... Que a realidade non estrague unha noticia ¡

Antom Fente Parada

21/04/2012 Está foi e segue sendo a proposta do Encontro Irmandiño para a activaçom e construçom dum novo referente político, com eixo de gravidade na esquerda e de abaixo arriba. Estou muito insatisfeito com informaçons tendenciosas e devaluadores do papel assemblear que querem impor como leitura única companheiros de viagem. Assim nom: http://praza.com/politica/714/mais-galiza-ei-accion-galega-e-ecogal-inician-a-construcion-dunha-organizacion-politica/

María Xosé

21/04/2012 En que quedamos, non ás guías pero isto non é en rigor unha guía exhaustiva do que" hai que facer" no chamado Novo Proxecto Común? Bastantes dos puntos aquí propostos non van ser posibles de asumir polos compañeiros de viaxe, por coherencia. Aínda así, moita sorte na andaina, sede xeneresos polo ben do país en non poñades paus na roda por personalismos ou integrismos ideolóxicos. Altura de miras, que non está a situación para rifar entre nacionalistas.

AGUSTIN

10/04/2012 ¿Existe algún calendario sobre a constitución deste novo proxecto común?

julio

09/04/2012 eu matizaria a politica de genero, non podemos estigmatizar aos homer, pedir igualdade e despos estar en contra da custodia compartida como asi esta ocurrindo. non podemos seguir aplicando as politicas de igualdade de Montse Prado e Ana Ponton, iso no é igualdade.

Castro

06/04/2012 Noraboa polo documento. Como única crítica, boto de menos unha postura sobre a UE. Penso que, na mellor tradición do nacionalismo galego, debemos ser europeístas, aínda que tamén críticos co actual proceso de construción europea neoliberal. Non podemos permitir que a dereita sexa dona da idea de Europa. Por outra banda, e aínda que supoño que non vou atopar aquí apoios, apostaría pola unión de Portugal e España nun estado único no que se recoñecese o dereito á autodeterminación das nacionalidades que formasen parte do mesmo. Igual así conseguimos ter peso na UE, resolver os nosos problemas territoriais, descentralizar (ou romper) España, recuperaríamos a idea inicial da xeración Nós... Iso a longo prazo, estratexicamente o Novo Proxecto Común gañaría moita presencia mediatica.

Miguel Pernas

05/04/2012 Por fin algo de luz para sairmos da escuridade do túnel polo que nos desprazamos. Por fin unha proposta que quere mudar os camiños xa transitados e inútiles, hoxendía, do xeito de facer "política". E desde Galiza, tendo en conta Galiza como referente irrenunciabel... Contade comigo, compañeiros!!!!

eu

05/04/2012 pois eu creo que é viable para unha asociación. Dende logo os de +gz teñen dito que eles queren un partido non asambleario con dirixentes "capacitados" . Tal cal. Penso que Feijoo estaravos agradecido, e que probablemente faga parte da vosa campaña coa voz, radio galega,etc. Xa o esta a facer agora e a xente vemos que desde logo sodes grandes colaboradores, dende logo non desde a inocencia.

Cristal

02/04/2012 Os tempos de crise poden alumear novos modelos de organización POLITICA lonxe dos xa trasnochados e encorsetados que coñecemos. Compre tentar darlle a este mundo unha orientación dirixida a facelo máis xusto. Ainda hai moito partido por xogar. Quizais podamos estar vendo o comezo do amencer despois doutra longa noite de pedra. Ogallá.

EDUARDO GARCIA

01/04/2012 o proxecto e esperanzador adiante

Xoana

31/03/2012 Estou ilusionada e totalmente dacordo con todo o que queredes conquerir mais...non debedes esquecer a sinxeleza e a claridade das decisións a tomar en conta para que a humanidade da nosa sociedade galega vexa o campo para traballar atractivo e que inspire confianza pola súa realidade e a súa firmeza coa máxima sensibilidade posible.

Lolo

30/03/2012 Sumome aos parabéns polo texto, é unha boa ferramenta para debater nos grupos de base, para completar, ... e o que é mais importante seguimos a crear unha nova cultura política, que falta nos fai.

antón mosquera

30/03/2012 Pero credes que todo iso tan bonito vai ser asumido honradamente por algús dos vosos posíbeis compañeiros de viaxe?, e non cito.

maría p.

30/03/2012 Unha magnífica proposta para comezar. Adiante!

Callinicos

30/03/2012 Encantou-me o documento que achegais para o debate nos grupos de base e que, com certeza, sairá reforçado e perfilado deste. Há que indicar que são muitas as pessoas que me têm participado a importância de que este projeto saia neste momento e é altíssima também a ilusão por um novo referente político na Galiza. A greve de ontem é apenas mais um sintoma de que possível deitar a hegemonia do PP e construir uma nova hegemonia com o eixo na esquerda.

Juan

29/03/2012 Ilusionante!, escoitar propostas creíbles é novo nunha paisaxe política que da angustía e anoxo. Ánimo!

xose manuel

29/03/2012 Penso que unha das maneiras da participacion dos cidadans na vida politica a traves da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA , pode ser que nos concellos que teñamos xente dentro desta nova maneira de facer politica , se organicen uns dias antes dos plenos municipais , unhas asembleas abertas para que coa participacion dos veciños ( despois do debate correspondente) se tomen as decisions mais axeitas en funcion do intercambio de ideas , esta forma de facer politica si que pode atraer a mais xente , sobre todo os/as que están decpcionados dos politicos , porque moitos prometen cousas e despois fan o que queren , desta maneira a xente pode ir vendo que con estes canles de participacion son escoitadas e tidas en conta ,as suas opinios , ademais e a maneira de facer politica dende abaixo , ademais de que asi facemos pedagoxia politica , falado , escoitando e confrontando ideas , e mirandonos uns para outros a cara , sin que a discrepancia non deteriore as relacions persoais , e polo tanto exercitando a DEMOCRACIA PARTICIPATIVA NA VIDA POLITICA . Una aperta irmandiña

xabi

29/03/2012 Animo e forza a tod@s. Por fin un paso diferente e ilusionante. Queda moito por facer e so se a xente se deixa de individualismos e egocentrismos poderemos construir alternativas reais ó modelo imposto. Saude

xabier

29/03/2012 o proxecto è esperanzador... pode-se levar a cabo!! saùdos conpañeir@s dende granada.

Antonio

29/03/2012 Se se fan as cousas ben, este proxecto pode ilusionar a moita xente e mandar o PP ó caldeiro do lixo, por fascista e antigalego, ó PSOE por mentireiro e ó BNG por manipulador.

jose luis barreira

29/03/2012 eu falo galego. penso que a gente de Bragança, Rio do Janeiro, Luanda ou Maputo também fala galego. o galego, conhecido internacionalmente como português, deveria estudar-se na Galiza. Para além disso, deveria ser idioma cooficial (por ter nascido aqui, na antiga Gallaecia). Pedir a incorporaçao da Galiza à Comunidade de Países de Língua Portuguesa daria-nos protagonismo, peso e reconhecimento internacionais. No agir político diário, a nova organizaçao deveria ser hábil e adequar o discurso oral e escrito à realidade atual com o objetivo de ganhar o maior apoio social e eleitoral possível. neste sentido o uso do espanhol e do "galego oficial" seriam permitidos em funçao de critérios possibilistas. mas à hora de tomar medidas, no tocante a língua, caminhar na direçao de fazer da Galiza um país galegófono (lusófono) como já o sao Portugal, Brasil ou Cabo Verde. imaginem a vantagem que suporia para os nossos cidadaos dominar três línguas como o português (galego), o espanhol (castelhano) e o inglês (anglo-saxao).

Rafael

29/03/2012 Estou de acordo en todo ou en case todo,esplicome para poñer en practica todo o escrito fae falta gente que teña valor e responda. Os sinpatizantes e afiliados quen os bota dunha obción partidista son aqueles que se creen politicos.Necesitase xente que sin ser "politico profesional" sinta o seu país e que lle de noxo interior por non sentir a defensa do noso povo, cas ideas aí espostas.Gustame que me reconozcan como Nacionalista Galego ainda que so sexa polo acento.Opoder está no povo non no politico.

Ansel

28/03/2012 Impecable!!!

marcos

28/03/2012 gustame as vosas propostas e comparto o dito.Hago hai que loitar por un futuro mellor

Xulio

28/03/2012 Bo raballo. Este é un dos primeiros pasos que hai que dar, pero é un dos menos importantes (poderíase falar de incluír termos tales como anticapitalismo, aconfesionalidade das institucións, antimilitarismo-ollo co termo pacifismo!! -...). O verdadeiramente importante é levar á prática o proposto (de feito hai infinidade de boa literatura que nembargantes non chegou a ningures....). A seguir co traballo de asembleas construtivas -non perdamos máis tempo en criticar tempos/persoeiros pasados....centrémonos en sumar e crear-; formación de grupos de traballo saídos das asembleas para darlle maior operatividade. Ir concretando os puntos. En canto aos cabezas visibles, neste proxecto tén que quedar claro que estos temos que ser ti, eu, María, Xosé.... Saúdos Irmandiños

barbantesa

28/03/2012 Novo Proxecto Común = Partido Nacional da Galiza

Lois

28/03/2012 Gústame a proposta, e lembrar, suliñar, que este novo proxecto debe de ser integrador, evitando os erros que nos levaron a moitos a deixar esa casa que foi común (o BNG), que debemos caber moitos, e abri-las portas a todos a todas as que teñen no horizonte o cambio da nosa terra

daniel

28/03/2012 Si señor, hai futuro.

iñaky

28/03/2012 Gustame o que lein hasta agora.gustariame saber os futuros cabezas visibles da formacion politica.unha aperta

María

28/03/2012 Grazas pola difusión desta vosa proposta que me abre moitas luces e perspectivas de como entendedes a nova organización nacionalista de esquerdas que andabamos agardando dende hai tempo.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal