![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
23/06/2012
O 7 de xullo de 2012 celébrase en Compostela a Asemblea Nacional ConstituÃnte da Mocidade Irmandiña, co obxectivo de reforzar a organización da mocidade do Encontro Irmandiño como ferramenta – non como fin en si mesmo – para a consecución da soberanÃa nacional e social do noso pobo, para procurar un sistema máis xusto, igualitario, participativo, respectuoso coas caracterÃsticas nacionais dos pobos e coa vontade de traballar a prol do progreso social e non de chuchar da polÃtica en beneficio propio.
AsÃ, celebramos unha asemblea aberta, na que poderán participar con voz e sen voto todas as persoas que o desexen, e abrimos un periodo de afiliación ao Encontro Irmandiño para poder participar nesta asemblea con plenos dereitos (ata o 28 de xuño; información en mocidade@encontroirmandinho.org).
Este noso reforzo organizativo quere contrubuÃr a:
1- a colaboración entre todas as organizacións xuvenÃs nacionalistas e toda a mocidade interesada en organizármonos para combater este sistema depredador e acadar unha Galiza ceibe nun mundo xusto.
2- á creación dunha nova organización de carácter asembleario, aberto e plural, de integración individual e organización territorial, con vocación de continuidade na acción social, de carácter nacionalista, expresión polÃtica do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma.
Por iso, a mocidade irmandiña está a participar activamente nas asembleas por un novo proxecto común e fai un chamamento á mocidade galega para integrarse nelas como cidadanÃa activa e crÃtica para construÃr todas as persoas en igualdade un instrumento polÃtico útil para a maiorÃa social.
No convencemento de que estamos nun cambio histórico, cremos que debemos tecer hoxe a polÃtica do mañá para liberármonos dos distintos mecanismos de dominio que nos esmagan.
Galiza, xuño de 2012.
ASEMBLEA DE MOCIDADE IRMANDIÑA
Infórmate tamén da Asemblea constituÃnte do NPC que se celebrará o 14 de xullo
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...
04/07/2012 Adiante coa Mocidade Irmandiña!