![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
03/03/2012
Hai nada menos ca tres decenios -no vindeiro mes de xullo fará esactamente trinta anos- escribira eu un artigo que daquela titulara "A espoliación de Galiza" e dedicara ao meu entrañábel amigo Luis Mariño cun enigmático envÃo que dicÃa: "a conta dunha débeda". A débeda consistÃa no compromiso que pouco antes contraera con il de escribir un libro rotulado precisamente con aquil mesmo tÃtulo. Mais, xusto a seguida, encerelleime nunha actividade polÃtica a cada pouco máis frenética e absorvente, e o proxecto da obra comprometida foi sucesivamente adiado: o bó do Luis finarÃa anos máis tarde sen que a miña débeda fose saldada. Nen tampouco despois. Porén, a idea matriz ficara enunciada xa daquela nesta rotunda aseveración: "a historia de Galiza, dende o amencer da Idade Moderna, é a dunha sociedade na que se frustrou o desenrolo burgués autóctono; e a realidade contemporánea de Galiza é a dunha economÃa periférica que padece, á maneira dunha colonia interior, a dinámica do desenrolo desigual do capitalismo no ámbito do Estado español. A dinámica, en suma, no pasado e máis tamén no presente, da espoliación. Espoliación e vaciado do seu contido demográfico e máis da sua substancia económica".
Non volvera reler aquil meu vello artigo dende hai ben tempo, nen sequer cando Fernán-Vello reeditou o volume de ensaios no que fora incluÃdo, e até acabei por esquencelo. Mais o tema non deixara de remoer intermitentemente no meu caletre ao longo destes anos todos. Hai poucos dÃas, nunha madrugada insomne, retornou outravolta ao meu maxÃn, desta vez ostensÃbelmente reformulado nunha transposición a clave polÃtica. CollÃn un anaco de papel xa impreso por unha cara e, sobre a outra, tracexei un deseño esquemático de enxoitos enunciados, a xeito de guión sumario da esculca diagnóstica que seguramente nunca levarei a cabo, abofé. Hoxe si que relin o meu artigo de hai tres decenios, e sorrin por dentro ao percibir o contraste do seu contido co esquema de apontamentos esbozado estoutra noite: como se o meu caletre, cismando subconscientemente arredor do asunto durante o tempo transcorrido, tivese chegado pola sua conta a unha fórmula simplificada como solución conclusiva do problema, e me botase en cara non ter sido quen de acadala eu. VelaeiquÃ.
Como premisa subxacente, ou sexa non esplicitada no meu esquema -aÃnda que a esplicite agora por obvias razóns de comprensión do enfoque adoptado- parto da tese de que os problemas cardinais que plantexa a patoloxÃa económica, social e cultural da Galiza son, en canto tais, de Ãndole polÃtica. Quero dicir que as doenzas que padece a nosa realidade económica non resultan problemáticas en si mesmas, poisque están correctamente diagnosticadas e pronosticadas -e outro tanto acontece coas sociais e as culturais. A sua problematicidade sitúase no nÃvel da polÃtica: o problema está na adopción das decisións polÃticas indispensábeis para pórmos en prática as terapias acaÃdas para a curación desas doenzas. Dito doutro xeito: o problema estriba en criarmos as condicións polÃticas necesarias para erradicar os tangaraños que tollen o corpo e o esprito da nosa sociedade nos tres nÃveis da sua estrutura: base real, instancia ideolóxico-cultural e aparello xurÃdico-polÃtico.
Establecida esa premisa, eu enuncio os que considero seren hoxendÃa os problemas polÃticos cardinais do noso paÃs -que, en simplificación se cadra abusiva, estimo teren unha matriz común no fenómeno xenérico do espólio, do cal constitúen manifestacións especÃficas. Eses problemas cardinais son os seis seguintes: 1. o espólio enerxético. 2. o espólio financeiro. 3. o exterminio do campesiñado. 4. a expatriación forzosa das xeracións mozas. 5. o etnocidio. 6. o ecocidio. Se os considero cardinais, iso quer dicir que os demáis problemas son consecuencia deses seis, ou teñen niles as suas raiceiras. Ou se o preferides, na perspeitiva inversa: nesa meia ducia de fenómenos radica, ao meu ver, a causación orixinaria da constelación de doenzas que dá feitÃo á nosa patoloxÃa social.
Desenvolver argumentalmente o contido deses seis lacónicos enunciados suporÃa, madia leva, abordar un longo relato que, se acaso o deu elaborado o meu caletre, farÃao, como vos dixen, pola sua conta e sen transferirllo á miña consciencia, asà que non volo podo contar. Mais podo, iso si, facervos partÃcipes dalgunhas breves consideracións aclaratorias ao respeito, e máis tamén dun par de lacónicas conclusións.
Se ben reparades, os seis problemas cardinais eiquà enunciados cadran con outros tantos fenómenos caracterÃsticos da acción depredadora do actual sistema-mundo na sua periferia 'subdesenvolvida', e constituen manifestacións especÃficas da patoloxÃa xenuina dunha sÃndrome neo-colonial: da caste de acción agresiva que Arrighi denominara 'destrución destrutiva', en irónica réplica á 'destrución criativa' que Schumpeter identificara como dinámica xenuina do capitalismo. Cada unha desas seis agresións atinxe a un elemento cardinal da dinámica estrutural do noso paÃs, en canto sociedade ou formación social e en canto povo con identidade nacional de seu. Tres delas inciden direitamente no potencial das forzas produtivas -recursos naturais, capital-diñeiro e forza de traballo- provocando o que Amin denominara 'extraversión' da nosa base económica e do seu desenvolvemento. Unha outra amputa brutalmente o espazo non-capitalista da nosa base económica e transtroca aberrantemente a estrutura de clases da nosa formación social, con desastrosos 'efectos colaterais' asimesmo nos planos antropolóxico-cultural e meioambiental: o exterminio do campesiñado -no que tácitamente inclúo á Galiza mariñeira- supón non só a extinción dunha clase social senón tamén a destrución dunha forma de 'agricultura' sustentábel, o esborrallamento dunha inestimábel cultura ancestral e o grave deterioro dun complexo e sensibilÃsimo ecosistema. Precisamente a quinta e sesta das agresións arriba enunciadas -e denunciadas- abranxen no seu impacto a cadansúa desas duas últimas esferas como conxuntos estruturados: a das nosas expresións culturais identitarias xenuinas -tanto 'populares' coma 'cultas'- e a sua recriación e máis a do equilibrio meioambiental dos nosos ecosistemas e a sua reprodución e rexeneración -e por iso emprego, a mantenta, os vocábulos 'etnocidio' e 'ecocidio', ben consciente do contido semántico deses dous significantes. Compre engadir que, cinxÃndonos só ao perÃodo estritamente contemporáneo da nosa historia, todos e cada ún deses seis fenómenos levan máis de meio século a se produciren, en constante proceso de agravación, aumento de dimensión, reduplicación e acción combinada. Espólio como andacio endémico, xa que logo. Espólio de recursos, espólio da formación de capital, espólio dos espazos e formas de economÃa sustentábel preexistentes, espólio do potencial demográfico e da xeración de forza de traballo, espólio da nosa cultura xenuina, espólio do noso sistema ecolóxico e meioambiental. Espólio da Galiza, en suma.
Só me resta, por hoxe, arriscarme a enunciar lacónicamente duas rotundas aseveracións conclusivas. A primeira é que o rexime autonómico instaurado hai tamén esactamente tres decenios resultou perfeitamente inútel fronte a esas agresións espoliadoras, e mesmo está a ser subvertido e utilizado arestora 'contra natura' para agravar eses problemas cardinais e tornalos insolúbeis. A segunda é que, polo de agora, o nacionalismo foi derrotado no seu combate por impedir esas agresións e resolver eses problemas cardinais. Fomos derrotad@s. Comprirá analisarmos por qué, para rearmármonos con novo instrumental máis eficiente e reformularmos certeiramente tanto a estratexia de combate como a metodoloxÃa de traballo para a nosa prática social e polÃtica. Para darmos cabo, como povo, do espólio da nosa nación.
Aguiar, 29 de febreiro do 2012.