![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
10/09/2011
Debemos ir ás eleccións nas mellores condicións para ofrecer á cidadanía unhas candidaturas e programa que ilusione e convenza de que a ditadura neoliberal non é invencíbel, que non so imos defender senón tamén facer, e que a batalla ineludíbel e inmediata de calquera galego ou galega demócrata é evidente so se pode dar para a recuperación da soberanía popular no Estado Español e da soberanía nacional no noso País.
É preciso dicir claramente á cidadanía que non queda outra que esixir un proceso constituínte autenticamente democrático para nós e as outras nacións do Estado porque desta a “creba” xa a fixeron PP e PSOE ao constitucionalizar a ditadura neoliberal.
Valen todas as liñas básicas propostas para o programa electoral, ás que propoñemos engadir como explicación o que xa dixo o BNG hai perto de 20 anos sobre o Tratado de Maastricht, os acordos da IX Asemblea Nacional respecto do neoliberalismo e a mundialización, a soberanía alimentar por suposto.
Debemos falar con claridade e contundencia do modelo de estado dende unha posición republicana e soberanista galega; estado social de dereito e economía social de mercado; democracia participativa e control democrático do poder; da sustentabilidade socio-ambiental; a Europa social dos pobos e tamén da constitucionalización da neutralidade activa do Estado.
Hai que falar, na opinión do Encontro, de 'CREBA DEMOCRÁTICA' e propoñer constitucionalizar con garantías efectivas os dereitos da cidadanía e o carácter público de determinados bens e servizos.
Hai que falar, debidamente matizado e explicado, pero con contundencia de:
Respecto das candidaturas lamentamos que o bipartidismo interno, UPG-+Galiza, regresen ás formas anteriores ao proceso preasemblear e sigan practicando exclusión democrática pero... exclusión ao fin.
Polo nosa parte o único que queremos deixar claro é que nin a Executiva, nin a UPG, nin +Galiza falaron connosco nin das listas nin do programa para elaborar as propostas que levaron ao CN.
Certo é que UPG e +Galiza teñen maioría máis que suficiente no CN, para facer o que mellor lle aconselle o seu sentido, pero tamén o é que, despois do que se ten falado da crise do BNG, da unión, da lealdade e da rexeneración, o razoábel sería que as cousas se fixeran doutro xeito.