X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 22 de agosto de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
QUEN SOMOS

quen somos?

09/05/2011

 

No ano 2011, ante a deriva que ía tomando a dirección do BNG, na nosa III Asemblea decidimos constituírmonos en partido político e que o “Encontro Irmandiño pularía pola reconstrución da unidade nun referente de carácter político para o que todos somos necesarios e ao que queremos incorporar a longa traxectoria do nacionalismo nas súas distintas etapas históricas, queremos, iso si, recuperar os valores de esquerda, cidadáns, democráticos e republicanos da participación, horizontalidade e democracia participativa.






Nacemos no proceso de debate da XII Asemblea do BNG como lista da citada asemblea para defender o asemblearismo que pretendía liquidar, como así aconteceu por unha diferenza de moi pouquiños votos, a maioría dominante no BNG.

Na nosa 1ª Asemblea definimos a nosa concepción da política e na 2ª Asemblea decidimos converternos en corrente organizada dentro do BNG.

Daquela decidimos estar nos órganos de dirección e asumir as responsabilidades. Enfrontar esa situación dende a diferenza pero tamén dende a lealdade á organización. Se entramos é para traballar nas responsabilidades políticas que nos ten asignado a militancia.

Dicíamos: “Nós, entendemos a democracia non só como a decisión das maiorías senón tamén como o respecto escrupuloso das minorías. Aquí reside a tensión democrática que defendemos, porque senón acabamos por converter a política interna do BNG nunha dialéctica de alícuotas de poder excluíntes cando deberían ser inclusivas”.

No ano 2011, ante a deriva que ía tomando a dirección do BNG, na nosa III Asemblea decidimos constituírmonos en partido político e que o “Encontro Irmandiño pularía pola reconstrución da unidade nun referente de carácter político para o que todos somos necesarios e ao que queremos incorporar a longa traxectoria do nacionalismo nas súas distintas etapas históricas, queremos, iso si, recuperar os valores de esquerda, cidadáns, democráticos e republicanos da participación, horizontalidade e democracia participativa.

No que atinxe ao BNG, o EI pulará pola rexeneración da fronte coa condición de que se acepte abrir o BNG á sociedade, reintegrándoo aos milleiros de xentes nacionalistas de dentro e ás excluídas por expulsión, sectarismo ou cansazo de aturar unhas relacións internas insoportábeis, e que se desarme o aparello burocrático ao servizo da dirixencia.”

Ben sabido é o resultado da XIII Asemblea do BNG na que a aprobación dunhas teses da APU (UPG) por escasa maioría fixeron inviábel toda convivencia e rexeneración e refundación do mesmo como pretendía o EI.

En Asemblea Extraordinaria celebrada o pasado 12 de Febreiro de 2012 o Encontro decide abandonar a militancia no BNG e pórse a traballas na sociedade á procura dese novo referente político que a sociedade está a demandar.

Como diciamos nos textos da nosa III Asemblea “... o Encontro Irmandiño non pretende ser o único suxeito político que contribúa á liberación nacional e social de Galiza. A liberación será cousa de todas e todos e calquera persoa ou organización que acepte relacionarse connosco de igual a igual serán tratadas pola nosa parte como irmáns.”

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal