X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
domingo, 15 de decembro de 2019

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
QUEN SOMOS

principios

09/05/2011

 

PRINCIPIOS ÉTICOS E IDEOLÓXICOS DO ENCONTRO IRMANDIÑO

1. A ética na política. Sen ética non hai democracia, e na esquerda, ética de esquerdas.

2. Fraternidade, no senso da hexemonía da “lei civil”. Aimaxe principios éticos fraternidade significa politicamente o principio da cidadanía igualitaria como alicerce da estructuración política democrática da sociedade, significa democracia horizontal. Nunha organización política ven significar asemblearismo.

3. Cooperación, como valor antitético da “competición”. Afirmamos que non pode haber socialismo nin esquerda sen que as pautas de conduta individual e de relación social consistan na cooperación. Afirmamos que, sen esa condición, nin sequera pode haber democracia, non hai esquerda que poida sobrevivir coa competición no seu seo.

4. República. A república é unha forma de civilización e cultura socio-políticas. Asumimos a república como cultura civico-política, non só como configuración do aparello do poder político e do Estado. O nacionalismo galego foi sempre explicitamente republicano e non pode ser doutro xeito.

5. Democracia participativa. Sen democracia participativa non hai democracia posíbel. Sen participación a democracia representativa esclerotízase e deriva en oligarquía, os partidos convértense en “aparatos” e as cámaras de representantes en parodias. Propugnamos reconstruír pontes entre a cidadanía e a instancia política, cos seus piares no tecido asociativo horizontal e diverso da cidadanía.

6. Primacía dos dereitos colectivos. Porque a alternativa á asunción deste valor non é outra que o “sálvese quen poda”, a negación mesma da organización social.

7. Igualitarismo. Este valor está proclamado en todas as constitucións políticas e cartas de dereitos fundamentais de todos os estados e institucións internacionais. Sen embargo a desigualdade agrávase, convertendo en papel mollado estas proclamas. Referímonos especialmente á desigualdade perante a lei -e non só as desigualdades económicas, sociais e culturais- ou sexa, ao principio democrático da “igualdade perante a lei”. Ao tempo proclamamos que non pode existir igualdade sen dereito á diferencia e respecto da diversidade.

8. E necesario tamén tomar conciencia das situacións de discriminación por razóns de xénero; e moverse para a superación das mesmas: non pode haber igualdade ante a lei senón hai tamén igualdade real entre os individuos dunha sociedade.

9. Autodeterminación cara a independencia. Só o combate pola nosa autodeterminación como pobo, orientada cara a independencia, poderá chegar a algures, só esa actitude suscitará respecto cara nós e os nosos dereitos cívico-políticos. Compre elevar o ángulo de tiro na nosa pacífica e cívica proposta para chegarmos alén das posicións que defenden o actual marco xurídico – político, e, dende aí, sempre estaremos a tempo de negociar, se se aceita o uso da razón para acadar solución satisfactoria para a nosa reivindicación nacional.

10. Socialización. Non pode haber democracia real e efectiva sen socialización como eixo do avance histórico dos pobos. A socialización é un proceso constante de aprendizaxe da convivencia, en interacción co seu contorno, non pode consistir na simple nacionalización ou colectivización das unidades e medios de produción, nin cinxirse á instancia económica de sociedade. Compre un debate de ideas amplo e veraz sobre a socialización e o socialismo na Galiza de hoxe e na conciencia nacionalista na presente conxuntura histórica.

11. Home novo/muller nova, unha nova cultura. O logro do “home novo”e a “muller nova”, dun novo humanismo, constitúe o cerne de todo proceso revolucionario. Nós consideramos que todo nacionalismo emancipador é, no seu cerne, revolucionario. Xa era así na revolución irmandiña galega do século XV, na que os nosos ancestros servos, procuraban ao seu xeito o nacemento do “home novo” nas condicións do seu propio tempo histórico. Esa revolución pioneira na Europa de entón deixou unha pegada indelébel na que, máis tarde, chegaría a ser a cultura do nacionalismo galego.

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal