X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
xoves, 27 de novembro de 2014

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
OPINIÓN Mario López Rico

Máis que nunca... Refundación!

Por Mario López Rico

28/07/2011

 
O CIS ven de publicar unha nova enquisa pre-electoral que debera preocuparnos porque apunta unha tendencia continuada á baixa que pode poñer mesmo en perigo a presenza de Galiza nas Cortes do Estado.

Veño de ler hoxe 28 de xullo nun xornal de Galiza, El Correo Gallego, unha noticia do teor que segue:

"EL BLOQUE CAE A MÍNIMOS HISTÓRICOS EN LOS SONDEOS

Pocos días después de que los nacionalistas gallegos se reuniesen en la plaza de A Quintana como ya es tradicional en la celebración del 25 de julio, la última encuesta publicada por el Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) sitúa en mínimos al Bloque, que tan solo obtendría la confianza del 0,5% del electorado. Tampoco el actual portavoz nacional de la formación nacionalista, Guillerme Vázquez, sale bien parado en las calificaciones que los encuestados otorgan a las caras visibles de los partidos y que lo sitúan con una valoración de 2,51 en el último puesto."

Como non me fío un pelo de como se trasladan as noticias aos medios, fun ás fontes, á páxina do CIS, que tampouco é demasiado de fiar pero nela está a orixe do dado, e efectivamente aparece o cadro que reproduzo:

Eu, que son dos que pensan que as enquisas hai que collelas con moito coidado, fun comparar os dados desta coa estimación do voto do CIS do ano 2008 xusto antes da Xerais que deran como resultado 2 deputados para o BNG e o dado reflectido daquela foi do 0,6, unha pequena baixada de 0,1 para este ano que vén de 2012. Vén sendo a perda dun 17% dos nosos votos de hai tres anos. Non é moito... pero a caída continúa.

O problema faise patente porque o BNG segue nun devalo electoral continuado, contido pero sistemático e teimudo, dende o ano 2001 e vén de sufrir recentemente un correctivo nas Municipais de maio. As pedras poden estar unha cuarta por baixo do nivel do mar nun momento dado, e mesmo parecer inexistentes, pero a marea descendente segue o seu curso inexorábel.

Pero isto vai continuar así? Non hai maneira? Non será porque dende hai un tempo os militantes do Encontro Irmandiño, pero tamén moitas outras xentes do BNG, non veñamos reclamando unha reflexión seria do que está a acontecer e unha corrección de rumbo,... porque isto non vai ben, verdade?

Hai un par de anos, quen manexa os fíos do BNG, ante a petición de responsabilidades e a necesidade dun cambio tralo fracaso das Autonómicas do 2009, convocou unha Asemblea Extraordinaria Express para aplacar aos descontentos cambiando algo para que nada cambie e nela os responsábeis da desfeita desas eleccións, que lembremos foron as primeiras nas que a cidadanía galega xulgou ao BNG como forza de goberno na Xunta de Galiza, instaláronse nun bipartidismo interno no canto de reforzar o pluralismo auténtico e multipolar do nacionalismo que conforma a fronte nacionalista e que serviría para activar todos os seus recursos humanos e políticos e frear o devalo.

A UPG (APU non deixa de ser un eufemismo ou plataforma interna), que preferiu manter en exclusiva e moi especialmente na Sé Nacional unha burocracia útil para o seu control do BNG (véxase todo o acontecido cos censos para a elección das candidaturas das municipais nas cidades, nomeadamente na "rebelde" A Coruña) é a responsábel máis directa da situación á que temos chegado.

De +Galiza o menos que podemos dicir é que son a outra cara dese bipartidismo forzado na Asemblea de 2009 e non quixo, non puido ou non soubo exercer de contrapunto ao dominio da UPG que seguiu avanzando na toma de posicións no aparato e nas institucións. Así, dos grupos municipais das cidades só Santi Domínguez -que curiosamente é o único que non pode formar goberno co PSOE nas cidades nas que non goberna o PP en maioría absoluta-, non é da corda da UPG.

Dende o Encontro pretendemos unha rexeneración do BNG, poñendo en valor os principios fundamentais, e forzamos que o Consello Nacional de 28 de maio decidise abrir unha reflexión como a que demandamos par ir cara unha Asemblea de auténtica refundación. Nin que dicir ten que esa decisión, froito evidente de acusar un impacto electoral tan negativo, estase tentando reconducir polo bipartidismo imperante nunha Asemblea ao uso poñendo en risco o que os do Encontro Irmandiño demos en cualificar como a derradeira oportunidade do BNG.

De todas e todos nós depende que o BNG saia reforzado e con novos azos facendo que a próxima Asemblea sexa verdadeiramente de refundación.

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal