![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
... o que está en crise é o proprio sistema-mundo capitalista ao que se lle aplicou ese modelo ultra-liberal de xestión polÃtico-económica. Quer dicir que tampouco o modelo keynesián desterrado no seu dÃa polos ultra-liberais resolverÃa hoxe o problema estrutural que padece o sistema, nen sequer lograrÃa por sà só "reflotar" a economÃa do seu centro, como recoñecen neo-keynesiáns tan acreditados como o Nobel Paul Krugman, por caso -inanque paliarÃa, certamente, os efectos máis negativos da crise, e por suposto que non os agravarÃa como están a facelo as receitas ultraliberais que teimudamente están a aplicarse aÃnda arestora.
IV
Xa que logo, a natureza desta crise non é a que parece, non consiste nos sÃntomas nos que se manifesta, senón na doenza do corpo social que xenera eses sÃntomas -tais coma o estoupido da burbulla financeira ou da inmobiliaria, ou a proliferación do desemprego. Nen tampouco comezou a crise cando eclosionaron eses sÃntomas: pola contra, viña de ben atrás. Non comezou no 2008, cando "súpetamente" rebentaron os grandes xigantes financeiros no mercado bursátel de Wall Street -é dicir, cando infartou o corazón financeiro do imperio e colapsou o fluxo arterial todo do sistema. Nen sequer tampouco cando dos seus precedentes infartos abdominais, digámolo asÃ: os estoupidos de burbullas financeiras en áreas máis periféricas, como a crise mexicana de comenzos dos noventa, recén estreada a flamante área de libre comercio dese paÃs co Canadá e os USA, ou a dos "dragóns" asiáticos pouco despois. Non. A crise de "longa duración" comezou cando, aló polo 1971-73, se colapsou o proceso de expansión constantemente acelerada dos tres decenios precedentes, acadou o climax a progresiva exacerbación das "rivalidades inter-estatais" da economÃa da metrópole imperial ianqui coas das submetrópoles europeu-oucidental e xaponesa, e os mercados de euro-dólares e petro-dólares escalazaron o sistema monetario internacional (SMI) construÃdo en Bretton Woods (1945) co dólar como patrón divisa-ouro, e Nixon decidiu unilateralmente suprimir (1972) a convertibilidade do dólar en ouro, porque as suas reservas metálicas non daban para atender as obrigas inerentes ao rol atribuÃdo polo SMI a esa divisa como patrón convertÃbel.
Estralou asà unha crise "de sobre-acumulación" -ou sexa, de acumulación de capital excesiva a respeito das oportunidades de investimento e rendibilidade do capital adicional acumulado en novas actividades produtivas no sistema capitalista mundializado. E dende aquela ese sistema está en crise. Con fases diferentes e traxectoria ondulante en intermitentes alzas e baixas relativas -pero en crise constante até hoxe mesno. Arrighi dirÃa que 1973 marca a "crise-sinal" deste proceso crÃtico do sistema e máis do declive da hexemonÃa ianqui dentro dil -e velaà a faciana pola que esta crise amostra máis paralelismo coa do tempo de Brañas, só que, naturalmente, noutro contexto histórico ben diferente e outra etapa do desenvolvemento capitalista ben máis avanzada.
V
Mais, antes de tracexarmos un esbozo desas analoxÃas, convén clarexar algunhas custións máis que levan suscitado certa confusión. RefÃrome a que tampouco se trata só da crise dun modelo de xestión da economÃa capitalista, ou dun modelo de "polÃtica económica": do modelo neo-liberal -que eu prefiro chamar ultra-liberal- entronizado polos think-tanks de Hayek, Milton Friedman e os seus famosos "Chicago-boys", inventores da "doutrina do shock" e demiurgos do "capitalismo do desastre", por empregarmos as certeiras denominacións carimbadas por Naomi Klein. Certamente que ese modelo non só entrou en crise, senón que fracasou rotundamente. É máis: ese modelo ven ser, en grande medida, o responsábel de que a crise encetada nos anos setenta, lonxe de ser resolta, desembocase no desastre que a humanidade leva tres decenios a padecer e que se agrava máis a cada pouco -desastre económico, social, cultural, polÃtico e ecolóxico. Mais o que está en crise é o proprio sistema-mundo capitalista ao que se lle aplicou ese modelo ultra-liberal de xestión polÃtico-económica. Quer dicir que tampouco o modelo keynesián desterrado no seu dÃa polos ultra-liberais resolverÃa hoxe o problema estrutural que padece o sistema, nen sequer lograrÃa por sà só "reflotar" a economÃa do seu centro, como recoñecen neo-keynesiáns tan acreditados como o Nobel Paul Krugman, por caso -inanque paliarÃa, certamente, os efectos máis negativos da crise, e por suposto que non os agravarÃa como están a facelo as receitas ultraliberais que teimudamente están a aplicarse aÃnda arestora.
VI
Na sua esclarecedora obra, Chaos and Governance in the Modern World System, asinada conxuntamente coa sua compañeira Beverly Silver, Giovanni Arrighi define o "cambio sistémico" nestes termos: "un proceso de radical reorganización do moderno sistema-mundo que muda substantivamente a natureza dos compoñentes do sistema, a maneira en que eses compoñentes se relacionan uns cos outros, e o xeito en que o sistema opera e se reproduce". Isto equival a dicir que mudan non só os elementos ou estruturas parciais, senón as proprias leis estruturais de composición e transformación do sistema como conxunto ou estrutura global.
Xa a comenzos dos noventa, Eric Hobsbawm, na sua A History of the World 1914-1991, calificara os decenios dos setenta e os oitenta como "décadas de crise universal ou global". Arrighi e Silver diagnostican o proceso crÃtico aberto durante ese perÃodo -e que vai proseguir até os nosos dÃas- como "cambio sistémico", e establecen a sua relación cos procesos históricos de "transición hexemónica". Para detectaren e sistematizaren as analoxÃas entre os ciclos das sucesivas hexemonÃas na historia moderna do sistema-mundo, analisan unha tras outra a dos PaÃses Baixos, cuxo declive no s.XVIII marca a transición cara a da Gran Bretaña, en declive á sua vez dende fins do s.XIX para ceder o relevo á dos USA: precisamente o comenzo do declive desta última hexemonÃa vai vir marcado polo inicio da actual "crise de cambio sistémico", a principos dos setenta. Xa que logo, a crise actual, ademáis de ser sistémica, e pola mesma atinxir a tódalas instancias estruturais do sistema-mundo -económica, ideolóxica e polÃtica- é asimesmo a crise da hexemonÃa da metrópole norteamericán no conglomerado mundial do imperialismo capitalista.
Seguindo os pasos do pioneiro Fernand Braudel, e en paralelo cos traballos doutro grande braudelián como é Inmanuel Wallerstein, Arrighi e Silver formulan o deseño dun modelo de ciclo hexemónico, no que as fases e as transicións están baseadas primordialmente na dinámica endóxena do cambio sistémico -a diferencia de Wallerstein, que en última instancia remÃteas a fontes dinámicas esóxenas. Nese modelo -traducÃndovolo en termos moi esquemáticos- o ciclo hexemónico consta de tres grandes fases. A primeira é a da hexemonÃa constituÃda, na que o estado hexemónico opera unha "reorganización sistémica", emulada por outros estados, e protagoniza un perÃodo de "expansión sistémica". A segunda é a fase da transición hexemónica, subdividida á sua vez en duas etapas. Primeiramente, a "crise hexemónica", caracterizada por tres fenómenos cardinais: a exacerbación das rivalidades inter-estatais e da competición inter-empresarial; a agudización dos conflitos sociais; e a emerxencia de "novas configuracións de poder". A seguida, esa crise tradúcese en "creba hexemónica": o esborrallamento da hexemonÃa orixina unha situación de "caos sistémico" que vai caracterizar ese perÃodo, no que se vai ir configurando unha nova e alternativa centralización-concentración de "capacidades sistémicas" da que vai emerxer un "novo estado hexemónico": eis o inicio da terceira fase, a da "nova hexemonÃa", na que ese novo centro hexemónico de poder vai operar unha nova reorganización sistémica, suscitar a emulación por outros e protagonizar o novo proceso de expansión sistémica -co que se reanuda o ciclo no novo perÃodo histórico..