Xosé Manuel Beiras recibe o Premio Trasalba
O encargado de realizar o laudatio foi o presidente da Real Academia Galega e presidente de honra da Fundación Otero Pedrayo, Xosé Ramón Barreiro Fernández, quen incidiu na importancia da achega de Beiras ao mundo cultural, intelectual e político galego. Na casa grande de Cimadevila da parroquia de Trasalba, en Amoeiro (Ourense), unha nutrida representación da cultura galega expresou o seu recoñecemento ao político, ensaísta e catedrático de economía, Xosé Manuel Beiras, quen agradeceu o premio.
Con motivo desta cita, a Fundación Otero Pedrayo entrega un libro homenaxe á figura homenaxeada que, desta volta, leva por título "Xosé Manuel Beiras. Compromiso coa Terra". Este galardón foi instituído hai 26 anos e, neste tempo, foron recoñecidos Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas ou Xosé Luis Méndez Ferrín, entre outros.
Podes ver o video do discurso nos seguintes enderezos:
Parte 1: http://www.youtube.com/watch?v=9pM-_uFwtWQ Parte 2: http://www.youtube.com/watch?v=FB2mIIOoeN8 Parte 3: http://www.youtube.com/watch?v=1cYEPiwccko
Discurso de Xosé Manuel Beiras en pdf
|
|
Ler máis...
|
|
Existir, seducir, convencer
Martiño Noriega en A Nosa Terra
Penso, logo existo... unha das máximas de Descartes semella non estar executándose de xeito colectivo no noso país. A aposta pola negación do propio, que dende as novas institucións se está a impulsar vestindo esta de modernidade e actitude cosmopolita, non deixa de ser a vangarda ou punta de iceberg dunha problemática estrutural na que está en xogo o noso encaixe no século XXI. Os representantes públicos non emerxen por xeración espontánea, son expresión da vontade popular que “democraticamente” por unha banda ou coa insubmisión á participación por outra deciden ou non deciden quen debe ter a responsabilidade de desenvolver ese labor.
|
|
Ler máis...
|
Consello internacional en Rabat:
___________
|
A NOVA EXECUTIVA DO BNG

Á vista da composición da nova Executiva do BNG poderiamos falar dun fracaso do Quintanismo?
Se nos atemos ás declaracións, escritos, blogs, etc... do quintanismo nas semanas anteriores á Asemblea Nacional poderiamos colixir que o resultado desta foi un fracaso para as súas teses. Si e non.
|
|
Ler máis...
|
Xosé Manuel Beiras recibe o Premio Trasalba pola súa filiación á "toda unha vida dedicada ao galeguismo, na máis xenerosa tradición do que significou no seu día a Xeración Nós"
O galardón estaba concedido antes das eleccións galegas, aínda que non foi feito público ata onte.
A comisión de goberno da fundación Otero Pedrayo, que é encargada de designar anualmente a persoa á que se lle dedica o premio, logo de recabar opinións do conxunto do Padroado, valorou a traxectoria vital de Xosé Manuel Beiras. Salientou a súa "vida entregada xenerosamente a Galicia", ademais de destacar a súa dimensión intelectual, cívica e de pensamento.
|
|
Ler máis...
|
|
Os dous conceptos que esgrimen a cotío aqueles que queren dar morte á nosa lingua son, paradoxalmente, o da "Liberdade" e o da "Non Imposición".
Artigo no blog O fonambulista coxo
Cada un deles, sen verse referidos a unha realidade ou contexto concreto, representan, respectivamente, un anhelo e un rexeitamento que calquera persoa podería asumir coma propios. O que cómpre analizar é por que medra entre nós a sensación de que o sentido parcial que os inimigos do galego dan a estes dous termos ("Liberdade" en tanto que capacidade individual para escoller a lingua no sistema educativo e "Non Imposición" en tanto que rexeitamento a toda intervención administrativa neste ámbito) callaron na sociedade galega até o punto de que en calquera conversa informal desenvolvida nas nosas relacións cotiás, todo o mundo parece relacionalos coa manipuladora carga semántica que, até non hai tanto, era específica, exclusivamente, dunha parte reducida da sociedade. Tentar comprender mellor este fenómeno é o propósito deste artigo.
|
|
Ler máis...
|
OS RESPONSABLES DA DERROTA DO 1 DE MARZO, A UPG E QUINTANISMO, SÓS, NA EXECUTIVA NACIONAL
OS FEITOS DESMINTEN AOS QUE INTOXICARON A ASEMBLEA ASEGURANDO QUE HABÍA UN PACTO SECRETO ENTRE A UPG E O ENCONTRO IRMANDIÑO.
O Encontro Irmandiño non participou en apaños, ao non conseguir unha candidatura de integración que respectase a pluralidade e proporcionalidade reflexada nos votos da asemblea para o consello nacional e queda fora da executiva pola negativa de Aymerich a conformar unha lista única de integración como “manda” a cultura BNG.
O número de militantes que participaron no proceso asembleario que Aymerich e Vázquez cualificaron como record histórico, foi en efecto moi alto se o referimos ás votacións para elixir delegados.
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |